O Concello, en colaboración coa Comisión de Festas do Carme de Camariñas, organiza unha Festa Infantil de Samaín o próximo venres, 31 de outubro.
Terá lugar no pavillón municipal Víctor Vigo de 17 a 20 horas e haberá inchables, obradoiro de momias e de tatuaxes, karaoke, DJ, xogos deportivos e populares, pasarela de disfraces… E tamén unha comida de medo con algodón de azucre, chocolate, pasteis, sandwiches, gominolas e un ponche terrorífico.