Home A Coruña Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña enchen a programación do...

Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña enchen a programación do Entroido de Camariñas

- Anuncio -

● O Concello publicou a programación de actos para o Entroido, que se desenvolverá en todas as parroquias.

● O 19 de febreiro terá lugar o desfile de comparsas na Ponte do Porto e o 21 de febreiro será o de Camariñas.

● O Enterro da Sardiña está previsto para o sábado 25 de febreiro.

O Concello de Camariñas publicou hoxe, venres 27 de xaneiro, a programación completa para o Entroido 2023, que inclúe opcións e actividades para todos os gustos e idades, desde festas infantís, música ou obradoiros aos desfiles de comparsas e o tradicional Enterro da Sardiña.

A programación comezará o sábado 18 de febreiro, co Entroido de Camelle, organizado pola asociación Folja da Faneca en colaboración co Concello. Alí, desde as 17 horas, haberá unha festa infantil acompañada dunha chocolatada e de degustación de produtos do Entroido. Ademais, daranse premios aos nenos e nenas que vaian disfrazados.

O domingo 19 de febreiro o Entroido chegará á Ponte do Porto desde as 11:30 horas, momento no que comezará o concurso de comparsas. O desfile sairá ás 11:30 horas do cruce de Camelle para chegar ás 12:30 horas ao paseo marítimo. Para comer haberá filloas.

Ese mesmo domingo, 19 de febreiro, tamén haberá Entroido en Xaviña, organizado pola Asociación Abrindo Rejo en colaboración co Concello. Desde as 17 horas a festa incluirá degustación de filloas e orellas e tamén haberá diferentes sorteos e premios para os mellores disfraces. Todo isto amenizado polo dúo Carpe Diem.

En Camariñas o Entroido comezará o luns, 20 de febreiro, cunha gran festa infantil na Casa de Pedra que se levará a cabo de 16:30 a 19:30 horas e que terá de todo: DJ, música, bailes, coreografías, karaoke, obradoiros, xogos con pelotas xigantes, xogos de puntería… As persoas que vaian disfrazadas poderán participar nun concurso e os asistentes poderán probar algodón de azucre e filloas. O concurso de comparsas de Camariñas será o martes 21 de febreiro. O desfile comezará ás 19 horas polas rúas principais e chegará ao pavillón Víctor Vigo ás 20 horas.

O Entroido finalizará co tradicional Enterro da Sardiña, previsto para o sábado 25 de febreiro. Comezará ás 12 horas, con saída de Camariñas e despedida da sardiña por todas as parroquias. Ás 17 horas haberá unha Traslatio e velorio con choronas na Casa de Pedra e ás 17:30 horas a charanga BB+ fará o acompañamento á súa incineración na praza do Mercado. Os asistentes poderán degustar chocolate con churros.

Concursos de comparsas

O concurso de comparsas da Ponte do Porto terá lugar o domingo 19 de febreiro desde as 11:30 horas e a actuación está prevista para as 12:30 horas no Paseo Marítimo. Se chove, trasladarase ao pavillón municipal da Ponte do Porto.

Poderán participar as 12 primeiras comparsas (agrupación formada por un mínimo de 10 persoas) que se inscriban no Rexistro municipal. O prazo de solicitude de participación está aberto e remata o 17 de febreiro ás 15 horas. Poderán inscribirse no Rexistro ou a través da sede electrónica. As bases e os impresos están publicadas na web municipal e tamén están dispoñibles na Biblioteca Municipal.

En cantos aos premios a comparsa gañadora recibirá 500 euros, a segunda clasificada 300 euros e a terceira 200 euros. As que non resulten premiadas terán unha axuda de 10 euros por cada persoa participante ata un máximo de 100 euros por comparsa.

O concurso de comparsas de Camariñas terá lugar o martes 21 de febreiro desde as 19 horas e a actuación está prevista para as 20 horas no pavillón Víctor Vigo.

Poderán participar as 12 primeiras comparsas (agrupación formada por un mínimo de 10 persoas) que se inscriban no Rexistro municipal. O prazo de solicitude de participación está aberto e remata o 20 de febreiro ás 15 horas. Poderán inscribirse no Rexistro ou a través da sede electrónica. As bases e os impresos están publicadas na web municipal e tamén están dispoñibles na Biblioteca Municipal.

En cantos aos premios a comparsa gañadora recibirá 800 euros, a segunda clasificada 600 euros e a terceira 300 euros. As que non resulten premiadas terán unha axuda de 10 euros por cada persoa participante ata un máximo de 150 euros por comparsa.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas