Home A Coruña Fin de semana de espectáculos internacionais con marionetas en Neda

Fin de semana de espectáculos internacionais con marionetas en Neda

- Anuncio -

A compañía danesa Alex Marionettes ofrecerá a súa función “Mr. Barty Puppet Show” este sábado ás 18:30 h na casa da cultura, e o domingo, Irene Vecchia Buratini, de Italia, traerá ás 13:00 h “A Lúca e Pulchinella”

Inclúense no Festival Internacional de Entes Animados, con entrada de balde previa retirada de convites

O Festival Internacional de Entes Animados que impulsan os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Neda, Sada e Valdoviño ofrecerá no municipio dous espectáculos de nivel esta fin de semana. O primeiro terá lugar este sábado, a partir das 18:30 horas, na casa da cultura, baixo o título «Mr. Barty Puppet Show», e correrá a cargo da compañía danesa Alex Marionnettes. O segundo celebrarase o domingo, no mesmo
escenario pero ás 13:00 horas. Neste caso, a compañía italiana Irene Vecchia Buratini representará «A Lúa e Pulchinella».

Os espectáculos son de balde, pero con invitación, que pode retirarse na casa da cultura ata o venres -ou completar aforo- en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Os espectáculos
Alex Mihailovski, nado en Macedonia pero residente en Dinamarca, está detrás da compañía Alex Marionnettes. É deseñador e manipulador de Mr. Barti, monicreque cun sistema complexo de construción co que se mantén en continua busca e estudo da perfección de movementos. A historia que traerá a Neda está baseada no mimo e a música. Ó principio, Barti é un clásico pianista para logo transformarse nunha estrela do rock, pero tamén amosará a súa paixón por outros xéneros como o flamenco ou o pop. Un espectáculo que acaparará as miradas e provocará o sorriso continuo no espectador.

Pola súa banda, «A Lúa e Pulchinella» é un espectáculo de monicreques de guante no que todas as mulleres da Terra se marchan á Lúa. Pulcinella non quere perder á súa amada Teresina, polo que tenta chegar ata ela. Para saber se o conseguirá ou non haberá que achegarse este domingo a Neda.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas