HomeA CoruñaFin de semana de espectáculos musicais e concertos para todos os públicos

Fin de semana de espectáculos musicais e concertos para todos os públicos

- Anuncio -spot_img

O Concello ten programadas para esta fin de semana varias actuacións musicais. A Big Band municipal abrirá os espectáculos o venres día 12, ás 19:00 horas na Fábrica.

O sábado ás 12:30 horas, no auditorio Gabriel García Márquez, actuará a Orquestra de cordas da Escola Municipal de Música que interpretará unha versión de Peter Pan. Pola noite e no mesmo escenario, ás 20:00 horas, terá lugar o concerto de nadal da Banda municipal.

O domingo, ás 12:30 horas na Fábrica, haberá concerto infantil coa Gramola Gominola e o seu espectáculo O nadal coa avoa Fina. Pola tarde, no Auditorio Gabriel García Márquez, actuarán a partir das 18:00 horas Semente Nova de Perillo, Os Rueiriños de Nós, Santaia de Santa Cruz, A Marola de Mera, Folliñas de Oleiros e O Amanexo de Dexo.

Estes espectáculos forman parte das diversas iniciativas que realiza o Concello para fomentar a música e o canto como expresión cultural e artística ademais de seren estas ferramentas para a convivencia.

Publicacións Relacionadas