Home A Coruña Finalizadas as obras de renovación da envolvente exterior da antiga escola unitaria...

Finalizadas as obras de renovación da envolvente exterior da antiga escola unitaria de Traba

- Anuncio -

• Os traballos incluíron a substitución da carpintería exterior, a instalación do sistema SATE e canelóns e o pintado da fachada e do tellado

O Concello vén de concluír as obras de renovación da envolvente exterior da antiga escola unitaria de Traba.

A actuación consistiu na reparación e mellora das condicións da fachada do edificio, xa que na actualidade presentaba un deterioro avanzado e diferentes desperfectos provocados polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas.

Deste xeito, os traballos, subvencionados cunha liña de axudas da Dirección Xeral da Administración Local, incluíron a substitución da carpintería exterior do inmoble e a instalación do sistema SATE, co obxectivo de mellorar as súas propiedades técnicas. Por último, procedeuse ao pintado da fachada e do tellado.

Desde o Concello aseguran que se está a estudar o próximo uso que se lle vai dar á antiga escola unitaria, xa que tivo que pechar por falta de alumnado. Neste sentido, o obxectivo é que “sexa un uso social e que sexan os veciños e veciñas os que poidan gozar dela sempre que así o desexen”.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas