HomeA CoruñaFinalizadas as obras de reparación do acceso peonil á cala de Liñares

Finalizadas as obras de reparación do acceso peonil á cala de Liñares

- Anuncio -spot_img

· A obra, financiada con fondos municipais, supuxo un investimento de máis de 22.000 euros para a reparación do tramo afectado polo esvaramento dun noiro.

O Concello de Bergondo concluíu as obras de reparación do acceso peonil á cala de Liñares, en Moruxo, que supuxo un investimento total de 22.128,41 euros financiados con fondos municipais.

A intervención levou a cabo nun tramo de aproximadamente seis metros que resultou gravemente afectado por un esvaramento do noiro, o que provocou o afundimento do firme e a rotura do pavimento, imposibilitando o tránsito por este acceso. Esta zona, ademais, atópase en terreos do Dominio Público Marítimo Terrestre e forma parte da Zona de Especial Conservación Betanzos-Mandeo incluída na Rede Natura 2000, polo que a solución adoptada debía ser respectuosa coa contorna natural.

Para restaurar a conexión sen alterar a #fisonomía do lugar, optouse pola instalación dunha pasarela de madeira laminada encolada de 6,89 metros de lonxitude e 1,20 metros de anchura, deseñada para integrarse plenamente na paisaxe e evitar a execución de estruturas de contención ou elementos que puidesen impactar negativamente na zona.

Ademais da colocación da pasarela, realizáronse traballos de limpeza e roza manual ao longo do acceso, desmontáronse antigos postes de formigón e retiráronse tramos de aramado deteriorados. Tamén se procedeu á instalación dun novo sumidoiro transversal para mellorar a drenaxe de augas pluviais e colocáronse elementos de sinalización realizados en madeira tratada, incluíndo un cartel identificativo da cala e dúas frechas indicadoras do percorrido.

Desde o goberno local sinalan que “se trata dunha actuación sinxela na súa escala, pero moi significativa polo valor ambiental e social do espazo. Con esta intervención garantimos a seguridade dos usuarios, pois é unha cala moi frecuentada por pescadores, preservando ao mesmo tempo unha contorna que é patrimonio natural de todos”.

Publicacións Relacionadas