Home A Coruña Trenor supervisa as obras de mellora da seguridade do Camiño de Fisterra...

Trenor supervisa as obras de mellora da seguridade do Camiño de Fisterra en Corcubión, unha das 11 actuacións que se executarán este ano nas estradas da Xunta coincidentes con esta Ruta Xacobea

- Anuncio -

― O delegado da Xunta destacou que no Camiño de Fisterra se levarán a cabo intervencións en tramos dos concellos de Muxía, Dumbría, Mazaricos, Negreira, Ames, Fisterra Cee e Corcubión cun investimento conxunto de 204.000 euros

― A intervención enmárcase nas 70 actuacións de reforzo da seguridade das rutas xacobeas coincidentes na traza coas estradas autonómicas nas que se investirán un total de 1,4 M€

― Trenor destaca o esforzo da Xunta por mellorar a seguridade viaria dos Camiños de Santiago, cun investimento nos últimos anos de 3,5 M€, ademais dos 12,6 M€ das intervencións que se están a ultimar á entrada en Compostela
― Trenor reclamou ao Goberno de España avance tamén na mellora das rutas xacobeas nas vías estatais, xa que ata agora só ten executado o 10% do investimento comprometido

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou esta mañá o inicio das obras de reforzo da seguridade do Camiño de Fisterra en Corcubión. Trenor informou de que nesta ruta xacobea se levarán a cabo un total de 11 de actuacións na traza coincidente coas estradas autonómicas, que suporán un investimento conxunto de 204.000 euros.

As actuacións levaranse a cabo, concretamente, nas vías autonómicas ao paso do Camiño de Fisterra polos concellos de Muxía, Dumbría, Mazaricos, Negreira, Ames, Fisterra, Cee e Corcubión.
O representante do Goberno autonómico subliñou que ás actuacións de reforzo da seguridade do Camiño de Fisterra en Corcubión se destinarán un total de 18.600 euros. Estas obras consistirán na mellora do paso e da sinalización da AC-445 no punto quilométrico 3+380 para mellorar a seguridade neste cruce de paso de peregrinos.

Para iso executarase unha pequena senda duns 50 metros de solo cemento, con gabia revista de formigón pola marxe esquerda da estrada, sinalizando o cruzamento da vía ao remate da senda, incluíndo dúas bandas transversais de alerta.

O delegado da Xunta recalcou que o plan da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recolle un total 70 actuacións que se executarán este ano nas vías autonómicas cun investimento da Xunta de 1,4 millóns de euros.

De xeito xeral, os traballos consistirán na instalación, reforzo e retranqueo de sinalización; na construción de sendas, muros, gabias transitables e pasarelas; na instalación de barreiras e varandas; na pintura, retranqueo de liñas, cambios de pavimento, novos encamiñamentos, cambios de marxe, e en calquera actuación que sexa precisa para incrementar a seguridade da rede autonómica de estradas galegas no entorno dos Camiños de Santiago.

Trenor enmarcou esta intervención no traballo que se vén realizando desde a Xunta para reforzar a seguridade viaria, a accesibilidade e a integración paisaxística dos Camiños de Santiago, con actuacións levadas a cabo nos últimos anos en diversas vías autonómicas e que suman un investimento de 3,5 M€. A estas súmanse as intervencións que se están a ultimar de integración paisaxística dos Camiños á súa entrada na cidade de Compostela, ás que a Xunta destina 12,6 M€.

Agora, tal e como destacou, a Xunta pon en marcha un novo programa para impulsar 70 novas actuacións para mellorar a seguridade en cruzamentos ou treitos paralelos das rutas xacobeas coas estradas autonómicas, que suporán un investimento de 1,4 M€.

O delegado da Xunta incidiu en que estas 70 actuacións para favorecer a seguridade, a comodidade e a experiencia dos peregrinos estarán listas para atender a maior afluencia de peregrinos que se espera no ano 2022, cando o Xacobeo se prevé máis intenso.

Nesta liña, Trenor pediu que tamén o Goberno de España avance no seu compromiso de mellora da seguridade e da accesibilidade das rutas xacobeas nas estradas de titularidade estatal, posto que ata agora só ten executado o 10% do investimento comprometido.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

Publicacións Relacionadas