HomeA CoruñaMuxía desbloquea o seu futuro con  uns orzamentos históricos tras anos  de...

Muxía desbloquea o seu futuro con  uns orzamentos históricos tras anos  de parálise 

- Anuncio -spot_img

O novo goberno municipal consegue, en apenas cinco meses, aprobar  unhas contas de máis de 4,8 millóns de euros que permitirán recuperar  servizos básicos, saldar débedas pendentes e garantir estabilidade  económica. 

O Pleno do Concello de Muxía aprobou onte  o orzamento xeral para o exercicio 2025, que ascende a 4.862.253,12 euros.  Trátase dun paso clave para o futuro do municipio, xa que estas contas  permitirán recuperar servizos esenciais e poñer fin a anos de bloqueo  económico e administrativo. 

Entre as actuacións máis destacadas que se poderán levar a cabo grazas a este orzamento  inclúense a licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o contrato de recollida  do lixo e a posta en marcha de distintas medidas de estabilización económica. 

No mesmo pleno tamén se aprobou un suplemento de crédito por importe de 150.000  euros, destinado ao pago de facturas atrasadas, moitas delas correspondentes á etapa  do anterior alcalde socialista. Con esta medida, o novo goberno municipal continúa  avanzando na normalización económica do Concello e na responsabilidade na xestión  pública. 

Resumo do orzamento 2025: 

  • Gastos totais: 4.862.253,12 € 

o Persoal: 1.711.027,09 € 

o Bens correntes e servizos: 2.562.105,00 € 

o Investimentos reais: 378.846,03 € 

o Transferencias correntes: 165.775,00 € 

o Outros (financeiros, continxencias, activos): 44.500,00 € 

  • Previsión de ingresos: 

o Transferencias doutras administracións: 2.548.008,04 € 

o Impostos directos: 1.432.800,00 € 

o Taxas e outros ingresos: 472.500,00 € 

o Outros ingresos: 408.945,08 € 

Resultados das votacións: 

  • Orzamentos municipais: Aprobados cos votos a favor de Independentes por  Muxía (IxM), Partido Popular (PP) e Bloque Nacionalista Galego (BNG). O  PSdeG-PSOE votou en contra. 
  • Suplemento de crédito de 150.000 euros: Aprobado cos votos favorables de  IxM e PP. O BNG abstívose e o PSdeG-PSOE votou en contra

Desde o goberno local destacan que esta aprobación supón un punto de inflexión para a  xestión municipal, xa que en apenas cinco meses logrouse desbloquear unha situación  herdada e poñer as bases dunha administración máis eficiente, ordenada e orientada ao  benestar da veciñanza.

Publicacións Relacionadas