Desde o xurado, composto polos concelleiros Sergio García e Alfredo Cañizo, ademais de pola técnico de Turismo, destacan “o alto nivel deste ano, coas conseguintes dificultades á hora de valorar a quen darlle os premios”.
Floristería Lolita fíxose co primeiro premio do Concurso de Escaparates Nadal 2020 organizado polo Concello de Malpica. Desde o xurado, composto polos concelleiros Sergio García e Alfredo Cañizo, ademais de pola técnico de Turismo, destacaron “o alto nivel deste ano, coas conseguintes dificultades á hora de valorar a quen lle ían ser outorgados os galardóns”.
O segundo premio foi para o salón de peiteado Ana Ures, namentres que o terceiro foi para Calzados LC. A valoración dos escaparates fíxose sobre unha cualificación total de 50 puntos e tendo en conta os seguintes criterios de avaliación: calidade artística, composición, creatividade, orixinalidade e iluminación e utilización de elementos tradicionais do Nadal.
O primeiro consta de 300 euros, o segundo de 200 euros e o terceiro, de 100 euros.
Participaron, ademais, o salón de peiteado Espellos, Tía Carmen, Cartafol, Floristería Mayca, Xoiaría Pallas e Lolas, a quen desde o Concello lles agradecen “a súa participación neste concurso, por elevar o nivel e por darlle un toque de alegría a uns tempos moi complexos”, inciden.