Neda despedía hoxe o carnaval do 2026 co tradicional cocido interxeracional do entroido. O prato por excelencia destas datas foi protagonista desta cita gastronómica, que reuniu no pavillón municipal Ale de Paz ao redor de 120 veciños e vecñas. O menú servido incluíu ademais a imprescindible sopa coa que quecer o corpo e, como non, un doce ben típico destas celebracións como as orellas. Na cita, organizada polo concello, houbo animación musical, antes e despois do xantar, con Almudena Meijomil, e un gran sorteo final de cestas de carnaval.



