Home A Coruña Fran Amil actúa este sábado na presentación do libro gañador do Premio...

Fran Amil actúa este sábado na presentación do libro gañador do Premio de poesía Pérez Parallé 2022

- Anuncio -

No marco da presentación do libro gañador do XXXV Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, o CMI Unidade de Fene acollerá este sábado a actuación de Fran Amil (voz solista e guitarra acústica) e Fernando Román (saxo tenor), co espectáculo “Popsía”. A actuación está organizada pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural). Será o sábado 13 de maio a partir das 20.30 horas, con entrada libre e de balde até completar o aforo.

“Popsía” é un proxecto multidisciplinar que pretende achegar clásicos da lírica galega de tódolos tempos á mocidade do século XXI, para difundir o legado inmorredoiro da cultura galega dende o medievo ata os nosos días, vehiculado a través de estilos musicais como o pop; o rock; o swing; o regatón; o soul; o funk; etc.

A traxectoria de Fran Amil amosa a vontade de fornecer á mocidade de Galicia dun acervo cultural en galego, con visos de contemporaneidade e universalidade que poña en valor aspectos fundamentais como o respecto, a solidariedade e o esforzo ou a non violencia, sen descoidar o aspecto lúdico da música, cunha forte compoñente didáctica. Unha traxectoria á que hai que sumar os discos gravados con diversos grupos de música folk, rock, jazz ou pop da historia recente en Galicia (Os Papaqueixos, Tres Trebóns, Ulträqäns, Chuches Amil, etc).

Coa actuación do dúo de Fran Amil complementarase este sábado a presentación do libro “Fraxilidades”, de Gisela Mato, poemario que resultou premiado na XXXV edición do Premio de poesía Xosemaría Pérez Paralle, convocado polo CMI Unidade de Fene coa colaboración do Concello de Fene e a editorial Espiral Maior. A obra foi escollida polo xurado entre as 74 obras presentadas.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas