O escritor Francisco Narla presentaba onte na Biblioteca Municipal de Neda a súa obra máis recente “El buen vasallo”. A nova novela histórica do autor lucense traslada ao lector ao medievo, explorando a historia, máis alá do mito, do Cid Campeador. O libro xira ao redor da relación paterno filial – complicada como a do propio autor- entre Rodrigo Díaz de Vivar e o seu fillo Diego, cabaleiro que morrerá pelexando man xunto aos grandes inimigos do seu pai.
Durante o seu paso por Neda, compartiu cos lectores a súa concepción da literatura e detalles de como afronta o proceso de creación.