Home A Coruña Galardoados do I Concurso de Debuxo e Pintura Montse Noya Vázquez Ribeira,...

Galardoados do I Concurso de Debuxo e Pintura Montse Noya Vázquez Ribeira, 27 de novembro de 2024

- Anuncio -

Hoxe no Día dos Mestres celebrouse o acto de entrega dos galardoados do I Concurso de Debuxo e Pintura Montse Noya Vázquez na honra da mesma polo pasamento repentino da profesora do CPR Galaxia no ano 2023; é o punto de partida desta convocatoria, recordo da querida mestra, e homenaxe ao labor de todos os mestres e todas as mestras ao longo dos períodos de formación.

O acto de entrega celebrouse na sala polivalente do novo Auditorio onde a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla acompañou aos diversos alumnos de varios centros do municipio así tamén como ao profesorado.

A finalidade do concurso, aberto ao alumnado de todos os centros de ensino de Ribeira e todos os niveis, é o fomento da expresión plástica como forma de comunicación primaria, na que a emoción e o acervo cultural e social se expresa nun sentido complexo que acolle a todas as idades enriquecéndose con diferentes interpretacións e rexistros.

O xurado seleccionou medio cento de obras que van formar parte dunha mostra na Casa da Xuventude de Ribeira desde o 19 ata o 28 de novembro de 2024. E desta primeira selección decidiuse que as obras premiadas co primeiro, segundo e terceiro posto son as que a seguir se indica:

Obras gañadoras:

1º premio. Un bono de compra no comercio local por valor de 150 € e vai ser ademais cartel nunha actividade cultural do Concello de Ribeira.
Pseudónimo: Seica. A obra gañadora resulta ser autoría dun neno de 5 anos que estuda no CPR Galaxia, Daniel Vila Cañestro.
A obra caracterízase pola súa forza expresiva e colorista, que a leva a ser un retrato tipo, a representación de todos os rostros nun só.

2º premio. Un bono de compra no comercio local por valor de 100 €
Pseudónimo: Venus. A obra gañadora resulta ser autoría dunha moza de 14 anos que estuda 3º de ESO no CPR Galaxia, Nora Stitou Crujeiras.
A obra está realizada cunha boa calidade técnica no debuxo, e resulta ser unha expresión do seu tempo, da contemporaneidade inmersa na banda deseñada e no cinema do escuro tan popular.

3º premio. Un bono de compra no comercio local por valor de 50 €.
Pseudónimo: Océano. A obra gañadora resulta ser autoría dun neno de 8 anos 3º de ensino primario no CPR Sagrado Corazón de Xesús, Rubén Lampón García.
A obra destaca por ter unha composición interesante e cun tratamento que se achega ao expresionismo. A insólita elección e distribución dos elementos que enmarcan a figura humana fai que resulte moi atractiva.

O xurado do concurso dou a hora boa a todas as persoas que se presentaron ao concurso e ao Concello de Ribeira. E finalizaron: “E todo o noso recoñecemento aos mestres e mestras que, como Montse, traballades educando en liberdade”.

Relacionadas

A oficial da Policía Local Silvia Castro Rodríguez recibe a Medalla de Ouro da...

0
A profesional, no corpo desde 1992, recibe este distintivo nacional pola súa dedicación cos máis pequenos e colectivos vulnerables. A oficial da Policía Local da...

Ortigueira lanza o Concurso de Escaparatismo do Nadal para dinamizar o comercio local

0
• Os escaparates participantes deberán estar decorados desde o 16 de decembro de 2024 ata o 6 de xaneiro de 2025. • Outorgaranse dous premios...

Neda acolle o próximo mércores unha charla para achegar os servizos en liña da...

0
Na sesión, impulsada pola Subdelegación do Goberno na Coruña, poderase obter o certificado dixital máis útil sen ter que desprazarse Neda acollerá o mércores 4...

O BNG de Oleiros preguntará no pleno ao Concello polo custo de substituír os...

0
Co gallo das obras de Santa Cristina o Concello quere eliminar os contentores soterrados porque “os cidadáns son totalmente irrespectuosos con ese tipo de...

Máis de vinte artesáns e artistas participarán no Mercado da Ilusión, que abrirá a...

0
A apertura do mercado coincidirá co acendido do alumeado festivo O Concello de Carballo está preparando unha programación de Nadal moi ampla, tanto pola súa...

Abegondo acolleu clausúraa do taller de emprego dual Reserva de Biosfera: Emprego Verde III

0
• O evento contou coa participación do alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, xunto ao conselleiro de Emprego, José González, a delegada da Xunta,...

Publicacións Relacionadas