Boa parte das perdas de auga teñen como orixe a negativa do alcalde para actualizar unha rede de saneamento municipal obsoleta
É un secreto a voces que Oleiros fai auga -literal- por todo o termo municipal. A diario os veciños comproban os “mananciais” que xorden en gabias, tapas de sumidoiros, a enésima obra de quenda ou un novo cano que rebenta #ante a falta de mantemento municipal; mentres os condutores ven obrigados a atravesar estes “ríos” cos seus vehículos ou os peóns, a dar rodeos por unha beirarrúa para evitar o “lago” que se formou a madrugada anterior. E como mostra, as que apareceron nas últimas 48 horas no cruzamento da Avenida Francisca Herrera coa Rúa Corralón, ou a “fonte” xunto á nave municipal de servizos, na Rúa Río.
Loli Silva, portavoz do PP no concello, declarou: “O Partido Popular leva anos denunciando a necesidade de que o concello acometa seriamente a actualización dunha rede de saneamento obsoleta e superada pola demanda dunha poboación que non cesa de crecer cada ano. Pero o Alcalde está tranquilo: el manda poñer parches sen ir á raíz do problema. Á fin e ao cabo, son os veciños a quen lles traslada nos seus recibos o custo deses miles (ou millóns) de litros de auga que se perden diariamente en Oleiros.”
“O problema é tan evidente como lóxico: Oleiros non pode ter a mesma rede de saneamento que había cando a poboación do concello era de 10.000 habitantes e na actualidade supera xa os 38.000. Por iso resulta tan incomprensible a cerrazón de García Seoane para non tomar as medidas necesarias”, sentenciou a portavoz dos Populares.