Home A Coruña Gatocan denuncia aos concellos de Monfero e Curtis por presunto incumprimento da...

Gatocan denuncia aos concellos de Monfero e Curtis por presunto incumprimento da lei de Benestar Animal

- Anuncio -

Onte pola mañá a Asociación de Protectora de Animais Gatocan interpuxo no cuartel da Garda Civil de Betanzos unha denuncia contra os Concellos de Monfero e Curtis por presunto incumprimento da Lei 4/2017 do 3 de outubro de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia e un posible delito do código penal.

No caso do Concello de Monfero tense constancia de polo menos dous casos este ano nos que o Concello non só non recolleu dous cans abandonados que deambulaban polo seu municipio, senón que a situación dun dos animais era totalmente incompatible coa supervivencia. O 29 de marzo, un can atropelado en lugar de Casabranca (Monfero) permaneceu toda unha noite e un día tirado nunha cuneta sen poder moverse nin levantarse, debido ás lesións recibidas no atropelo, sen que o Concello prestáselle o servizo requirido e obrigatorio, a pesar das chamadas neste sentido. Novamente este feito volveu producirse o 31 de outubro coa aparición dunha cadela xorda extraviada, de raza Sabuxo, no lugar de Xestoso (Monfero), sen que tampouco se prestase o servizo por parte do concello de Monfero a pesar dos avisos telefónicos.

Máis rocambolesca é a posible actuación do Concello de Curtis, que supostamente, tamén carecer do servizo de recollida de animais establecido pola mencionada Lei. En agosto pasado, as cámaras dunha nave en Coirós gravaron como un efectivo uniformado de protección civil de Curtis e outra persoa que conducía unha furgoneta, que parece a de obras do concello, abandonaron a unha cadela co seu cachorro na porta da instalación. Ante a reclamación do dono da nave ao concelleiro responsable de Protección Civil de Curtis, este acabou recoñecendo que efectivamente unha persoa de Protección Civil do concello de Curtis cun vehículo, que, podria ser a furgoneta municipal de obras, abandonaran a eses dous cans na porta da súa nave, pero que “o fixo pola súa conta e risco”.

Segundo o propietario da nave non era a primeira vez que aparecían cans nas súas instalacións. Cando menos, parece dubidoso que o concello non teña nada que ver no abandono dos animais. Para Gatocan este feito é gravísimo e púxoo en coñecemento da Garda Civil, tanto polo abandono como pola posible implicación municipal, porque “se o concello tivese o correspondente servizo de recollida de animais abandonados, o membro de Protección Civil de Curtis non necesitaría abandonalos en Coirós, concello que si cumpre a lei e dispón de el”.

En palabras da Presidenta de Gatocan, Beatriz Martin; “hai miles de abandonos de animais en Galicia ao ano, as protectoras estamos completamente superadas e o último que esperamos é que, algunhas autoridades municipais non só incumpran a lei de benestar animal por desidia e deixamento de funcións, senón que ademais contribúan ao desamparo e ao abandono e á omisión de socorro de animais.”. “Cando un cidadán incumpre a lei é sancionado que pasa coa Administración?”

A lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia é clara e na súa Titulo Preliminar, capitulo II, artigo 6 establece que “Se atribúe ás persoas titulares das alcaldías dos concellos de Galicia a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais incluídos no ámbito de aplicación da presente lei no seu termo municipal.”. No seu artigo 22 establece a “Recollida e acollida dos animais vagabundos e extraviados. 1. Os concellos recollerán os animais domésticos vagabundos e extraviados que deambulen polo seu termo municipal e albergaranos en centros de recollida de animais abandonados inscritos no Rexistro Galego de Núcleos Zoológicos ata que sexan retirados polos seus propietarios ou propietarias, sexan acollidos temporalmente ou adoptados, ou se lles dea outro destino autorizado segundo os supostos establecidos na presente lei.” Así mesmo, o artº 337 bis do Código penal establece que o abandono dun animal en condicións que poida perigar a súa vida ou integridade será castigado cunha pena de multa dun a seis meses …”

Nos tres casos, os animais tiveron sorte de que terceiras persoas ou o propietario da nave se apiadasen deles e avisasen a Gatocan, que de forma voluntaria púidoos acoller e auxiliar. Trufo, o can atropelado foi operado con éxito polo neurólogo do hospital 4 de outubro, complicada intervención que sufragou integramente a protectora. Tanto el como Branca, a perrita xorda, están no refuxio á espera de que poidan ser adoptados. A mamá e o seu cachorro xa atoparon familia co mesmo propietario da nave.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas