HomeA CoruñaA CoruñaGonzalo Castro pon en valor o papel da Coruña no auxe da...

Gonzalo Castro pon en valor o papel da Coruña no auxe da cultura galega na presentación na mostra polo 70 aniversario de Aturuxo

- Anuncio -spot_img

A exposición, que repasa a carreira desta formación na que se integraron as Pandereteiras de Mens, está aberta ao público na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou esta tarde na apertura da exposición que conmemora o 70 aniversario da Agrupación Folclórica Aturuxo e a traxectoria nesta formación das Pandereteiras de Mens, que este ano son homenaxeadas pola Real Academia Galega polo Día das Letras Galegas, recoñecemento conxunto xunto a Adolfina e Rosa Casás e Eva Castiñeira en representación das cantareiras e á tradición oral.

A mostra está aberta á cidadanía na Casa da Cultura Salvador de Madariaga ata o domingo 1 de xuño. “Desde o Goberno de Inés Rey estamos facendo un importante esforzo por lembrar e celebrar o traballo das cantareiras, cunha programación das Letras Galegas que nos permitirá afondar no importante papel da Coruña no auxe da cultura galega”, sinalou Gonzalo Castro.
Co gallo da celebración do 70º aniversario da entidade e o nomeamento pola RAG de catro das “Velliñas de Mens” (Asunción e Prudencia Garrido, Teresa García e Manuela Lema) para as Letras Galegas 2025 difúndase nesta exposición o de Aturuxo ao longo de 7 décadas de actividade ininterrompida, actividade na que participaron como compoñentes do grupo as Pandereteiras de Mens ao longo da súa vida artística de 20 anos.

Esta homenaxe é para estas seis mulleres labregas (Teresa Lema e Adela Rey non son distinguidas pola RAG por non cumplir o regulamento ao levar falecidas menos de dez anos) que do seu mundo rural subiron aos palcos de Galicia, boa parte de España, Portugal, Francia e Arxentina, levando as raíces máis fondas no folclore galego a un público que se amosou abraiado e marabillado, ata emocionado coas súas actuacións.

A exposición consta de fotografías, artigos de prensa, documentación e obxectos da Agrupación. Gonzalo Castro puxo en valor que foi na Coruña onde por primeira vez actuou un grupo de pandereteiras, as de Mens, sobre un escenario galego, no Teatro Colón, en maio de 1972.
A Festa das Letras
O Concello da Coruña organiza este ano catro xornadas de actuacións e encontros ao fío das Letras Galegas. A programación municipal das para este 2025 encherá as rúas da cidade de música e cultura galega durante tres intensas xornadas, do venres 16 ao domingo 18, ás que haberá que engadir o domingo 25, día no que se celebrará unha conversa moi especial arredor das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025, na Fundación Luís Seoane.

Os xardíns de Méndez Núñez serán o espazo no que as agrupacións culturais coruñesas levarán a cabo foliadas e actuacións. Participarán Cántigas da Terra, Aturuxo, Xacarandaina, Donaire, Maghúa, Son D’Aquí, Espadana e Contiños da Feira o venres ás 22.30 e sábado e domingo ás 17.00. Ademais, sábado e domingo haberá outro escenario no Campo da Leña, polo que pasarán artistas galegos de estilos moi diferentes como Ortiga, Zavala, Ulex, Breo, Carabela, Belém Tajes e Eris Mackenzie.

Durante as tres xornadas distintas prazas da cidade acollerán actuacións singulares e obras teatrais. Haberá actos na praza do Humor, na praza de San Andrés, en Azcárraga, en José Sellier… Tamén haberá pararrúas e concertos de grandes formacións no Teatro Colón como Treixadura, que actuará o día 16 dentro do ciclo Folk no Colón, ou a Banda Municipal de Música, que terá un concerto especial o domingo 18 xunto a Pedro Lamas e Lilaina. Tamén celebrarase unha gala especial polo 70 aniversario de Aturuxo, na que se renderá homenaxe ás Pandereteiras de Mens, o domingo 18 ás 19.00 no Teatro Rosalía de Castro.

A programación municipal complétase con outras actividades e iniciativas como a actuación de Xosé Lois Romero e Aliboria no AgoraSon, as andainas do ciclo A Coruña das Letras ou os espectáculos para nenos dentro do programa Apego, no Ágora.

Programación completa

Venres 16 de maio
18.00 h | Praza do Humor
Culturactiva producións presenta MÁIS SAAABOR!
18.00 h | Pasarrúas dende a praza de Lugo á praza José Sellier.
ESPADANA tradicional con cabezudos.
19.30 h | Praza de San Andrés
Galeatro presenta MUIÑADA
21.00 h | Teatro Colón
TREIXADURA
22.30 h | Xardíns de Méndez Núñez
Foliada con CÁNTIGAS DA TERRA, ATURUXO, XACARANDAINA, DONAIRE, MAGHÚA, SON D’AQUÍ, ESPADANA e CONTIÑOS DA FEIRA.

Sábado 17 de maio
12.30 h | Praza de Azcárraga
DÚO CRO-CRÓ
PAVA
12.30 h | Praza do Humor
Lydia Botana presenta A FEIRA DAS LINGUAS
13.00 h | Praza José Sellier
Pulpiño Viascón presenta DALLECOPÉ
17.30 h | Xardíns de Méndez Núñez
A.C. SON D’AQUÍ
A.C. XACARANDAINA
18.00 h | Praza do Humor
Contos a pé de rúa con CAXOTO
19.30 h | Praza de San Andrés
Artefacto producións presenta ao DÚO VAGUEDADES (Isabel Risco e Fran Rei) 21.00 h | Campo da Leña
ZAVALA + Atalaias de Caión
ULEX
ORTIGA

Domingo 18 de maio
12.00 h | Praza de Azcárraga
CRIS REGUEIRO
UNTO VELLO
12.00 h | Campo da Leña
BREO
CARABELA
12.15 h | Teatro Colón
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DA CORUÑA con PEDRO LAMAS e LILAINA 12.30 h | Praza do Humor
Novas vellas melodías con PABLO DÍAZ
13.00 h | Pasarrúas entre as prazas José Sellier e Cormelana
Charanga BICOIA
17.30 h | Xardíns de Méndez Núñez
CÁNTIGAS DA TERRA
A.C. DONAIRE
18.00 h | Praza de San Andrés
Atenea García e Vero Rilo presentan BAILEN AS VELLAS OS CONTOS DAS CEREIXAS
19.00 h | Teatro Rosalía de Castro
GALA DO 70° ANIVERSARIO DA A.F. ATURUXO E HOMENAXE ÁS PANDERETEIRAS DE MENS. Coa A.F. Aturuxo, Follas Novas e Pandereteiras de Encrobas.
19.00 h | Campo da Leña
BELÉM TAJES
ERIS MACKENZIE

Domingo 25 de maio
Fundación Luis Seoane.
11:30 h – Conversa arredor das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025: Adolfina e Rosa Casás Rama (Vila da Igrexa, Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Agranzón, Muxía) e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda (Mens, Malpica).
Interveñen:
● Richi Casás, docente e músico.
● Isabel García, Presidenta da A.F. Aturuxo.
● José Manuel Fdez. Pensado, Presidente de honra da A.F. Aturuxo. ● Xosé Manuel Varela, escritor e divulgador cultural.
● Icía Varela, filóloga e música.
● Gemma Malvido, xornalista de La Opinión.
13:00 h – Intervención musical do dúo Casás&Barcia.

Máis programación

● Do 8 de maio ao 1 de xuño. Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Exposición 70º ANIVERSARIO DA A.F. ATURUXO. PANDERETEIRAS DE MENS.
● Sábado 3 de maio, ás 11.30 h: “Andaina das cantareiras: Rosa Casás, Eva Castiñeira e outras músicas da Coruña” (A Coruña das Letras, camiñada pola cidade guiada por Xurxo Souto, con inscrición previa)
● Martes 6 de maio, ás 17.00 e 18.30 h: “Lúa triangular, nada é imposible”, de Jara Ortiz. (Espectáculo de contacontos musical para público infantil, con inscrición previa, dentro do Programa Apego, no Centro Ágora)
● Sábado 10 de maio, dende as 12.00 h: Foliada da A.C. Donaire no Parque de Eirís. Concertos de Axeitadiñas e Tiruleque e foliada dende as 18 h.
● Domingo 25 de maio, ás 11.00 e 16.00 h: XXXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina no Centro Ágora.
● Martes 27 de maio, ás 17.00 e 18.30 h: “Dende Rosalía ata as cantareiras. As mulleres nas letras”, da Xanela do Maxín. (Espectáculo de monicreques para público infantil, con inscrición previa, dentro do Programa Apego, no Centro Ágora)
● Venres 30 de maio, ás 21.00 h: “AgoraSón primavera, con Xosé Lois Romero e Aliboria”. (Concerto en colaboración coas Bibliotecas Municipais, con entrada por invitación, no Centro Ágora)
● Sábado 7 de xuño, ás 11.30 h: “As rúas que soan: da Pescaría ao Campo da Leña. Ópera ambulante” (A Coruña das Letras, andaina pola cidade guiada por Xurxo Souto, con inscrición previa)
● Sábado 14 de xuño, ás 11.30 h: “Historias ocultas da música popular: tras das pegadas de Manuel Cajaraville e as Pandeireteiras de Mens” (A Coruña das Letras, andaina pola cidade guiada por Xurxo Souto, con inscrición previa)

Publicacións Relacionadas