HomeA CoruñaGonzalo Muíños esíxelle a Sanmartín desculpas públicas á xefa de Protocolo que...

Gonzalo Muíños esíxelle a Sanmartín desculpas públicas á xefa de Protocolo que presentou a súa dimisión e acúsaa de “non entenderse con ninguén”

- Anuncio -spot_img

O concelleiro non adscrito sinala que a dimisión da responsable do departamento de Protocolo “deixa ao descuberto as costuras do autoritarismo” que o BNG practica no Pazo de Raxoi

Muíños aproveitou para recoñecer “o bo facer” da que, ata agora, era a xefa de Protocolo e agradecerlle os seus servizos durante este tempo.

O concelleiro non adscrito, Gonzalo Muíños, cargou este venres contra a alcaldesa, Goretti Sanmartín, pola súa “incapacidade de diálogo” e polo que cualificou como unha “deriva autoritaria” na xestión interna do goberno local. As críticas de Muíños chegan trala dimisión da xefa de Protocolo do Concello. Unha dimisión envolta en polémica, xa que semellan ser a consecuencia de que a Alcaldesa responsabilizara ao departamento de confirmar inicialmente a súa asistencia á entrega dunha das Medallas de Galicia, da que finalmente se ausentou por decisión propia.

Precisamente, o motivo polo que, segundo Sanmartín, se confirmara inicialmente a súa asistencia ao acto foi unha “falta de contraste” do departamento de Protocolo. Ante isto, Muíños recalca que se hai un erro, e ese erro é por falta de comunicación da dirección política, “non será nunca responsabilidade dunha subordinada, senón de quen goberna”.

Moi crítico desde o inicio coa postura adoptada pola Alcaldesa, Muíños reclama agora unhas desculpas públicas por parte de Sanmartín a esta traballadora, explicacións e que “rectifique na súa actitude” co outro traballador que continúa, de momento, no seu posto no departamento de Protocolo. O concelleiro non adscrito asegura cualifica as declaracións de Sanmartín como “inxustificables” toda vez que cuestionan a profesionalidade dunha traballadora do Concello “que non tiña a capacidade de se defender ante as acusacións irresponsables da Alcaldesa”.

A dimisión da responsable, engade “honra á traballadora e retrata á Alcaldesa”. Asegura Muíños que este feito “deixa ao descuberto as costuras do autoritarismo que o BNG practica dentro de Raxoi”.
“É moi triste que a Alcaldesa non se saiba entender con ninguén”

Gonzalo Muíños anotou ademais, a propósito deste feito, que a Alcaldesa “non se sabe entender con ninguén”. Así, lembra que a xestión da ordenanza que se aprobou onte, para viabilizar a taxa turística, comezou sen diálogo co sector -de feito, engade que isto supuxo que as concelleiras non adscritas procuraran mediar na situación para “garantir unha mellor gobernanza da taxa que achegara posturas”-; e que o goberno local segue sen establecer ningunha liña de comunicación e diálogo co personal do servizo de vixilancia de instalacións municipais como o estadio de San Lázaro ou a UMAD: “vemos tódolos días que a señora Sanmartín non dialoga con ninguén e, agora, que non é capaz de entenderse sequera co seu propio equipo”.

Publicacións Relacionadas