Home A Coruña Gonzalo Muíños sobre a casa da mocidade que proxecta o goberno local...

Gonzalo Muíños sobre a casa da mocidade que proxecta o goberno local en Salgueiriños: “que pasa entón coa Casa da Xuventude? E os bombeiros, a onde van?”

- Anuncio -

O portavoz dos socialistas vén de solicitar acceso ao expediente do contrato do anteproxecto que o departamento de Mocidade vén de solicitar para a adaptación das instalacións actuais

Advirte que en “dous ou tres anos” os bombeiros terán que abandonar as actuais dependencias pola ampliación do edificio administrativo de San Caetano: “de novo anuncios á desesperada para tapar as súas carencias de xestión”

Os socialistas saíron ao paso este martes logo de facerse público que o goberno local encargou un anteproxecto para o reacondicionamento do edificio de Salgueiriños como unha ‘casa da mocidade’. Así, o portavoz socialista, Gonzalo Muíños, critica que esta decisión chegue cando o goberno local non decidiu aínda que facer coa Casa da Xuventude e tampouco cal será a localización do novo parque de bombeiros: “de novo, anuncios á desesperada para tapar as súas carencias de xestión”.

Muíños asegura estar “sorprendido” ante esta decisión do goberno local, ademais de preocupado, toda vez que a partir do 2025 os bombeiros terán que abandonar as instalacións actuais con motivo das obras de ampliación dos edificios administrativos de San Caetano: “este novo anuncio indirecto non responde nin á pregunta de que facer coa Casa da Xuventude nin a onde se van desprazar os bombeiros”.

Así, desde o grupo socialista pídenlle ao goberno local “transparencia e diálogo”, e que explique cales son os seus plans para o edificio de Salgueiriños, e cales son as alternativas nas que traballa para o novo parque de bombeiros. Insiste o portavoz socialista que non se trata “só do parque comarcal” senón de que en “dous ou tres anos poderíamos quedar sen instalacións de parque de bombeiros”.

“Onde está o goberno das políticas valentes” preguntouse ademais Muíños que criticou que o executivo de Sanmartín busque crear unha nova casa da mocidade cando aínda “non se puxo de acordo” para decidir o futuro da Casa da Xuventude.

Relacionadas

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, premiado pola súa xestión no desenvolvemento...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, recolleu o galardón esta tarde na I Gala de Turismo da Deputación celebrado no Hotel NH...

Máis de cincuenta persoas participaron na xornada de captación de voz en lingua galega...

0
Entre os/as participantes estiveron varios membros do goberno municipal e representantes de entidades culturais do concello Máis de cincuenta veciños e veciñas do noso concello...

O Partido Popular de Sada acusa o goberno de Portela de “ levar ao...

0
Os populares critican a súa nefasta xestión e a pasividade #ante a súa crise interna e as numerosas reclamacións de veciños e asociacións. O Partido...

A presentación do documental “Bravú XXX” abriu a programación do clásico “Novembro con música”

0
O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo tamén ten preparadas para este mes varias audicións e actuacións A presentación do documental Bravú XXX,...

O Concello programa actividades no Espazo Diverso durante todo o mes de novembro

0
A programación recolle un Club de Lectura e tres obradoiros, dos cales un será de formación en ferramentas sociais e dous de cultura O Concello...

Arrincan as obras de construción do novo viario que conectará a avenida de Arteixo...

0
A intervención suporá un investimento de máis de 2,5 millóns de euros O Concello puxo en marcha esta semana os traballos de construción do novo...

Publicacións Relacionadas