Free Porn
xbporn
Home A Coruña Gonzalo Muíños sobre a posibilidade de mover as atraccións das festas: “é...

Gonzalo Muíños sobre a posibilidade de mover as atraccións das festas: “é compatible o coidado do patrimonio co desfrute dos espazos públicos da cidade”

- Anuncio -

Lembra que o propio executivo de Sanmartín empregou este argumento hai escasos días para manter a instalación da orquestra na Praza do Obradoiro

O portavoz socialista propón un maior control policial na instalación das atraccións

Baixo a premisa de que “unha cidade é para vivila”, o grupo socialista saíu ao paso este mércores logo de que o executivo de Sanmartín anunciase a posibilidade de retirar as atraccións das festas do Parque da Alameda. O seu portavoz, Gonzalo Muíños, insiste en que “o respecto ao patrimonio non pode ser incompatible co desfrute dos espazos públicos da cidade” e lembra que ese mesmo argumento “foi o que usou ata hai escasos días o propio goberno para manter a instalación da orquestra na Praza do Obradoiro”.

“De novo en Santiago estase a xerar unha polémica por un anuncio sen traballar ao que lle sucederon varias explicacións da alcaldesa” critica Muíños, que cuestiona o proceder do bipartito con esta cuestión e a “confusión” que se está a xerar, “outra vez”, entre a cidadanía de Santiago: “uns din de quitalas da Alameda, outros que só quede a noria e outros que vaian para a avenida de Xoán Carlos I”.

O portavoz dos socialistas en Raxoi apela ás propias palabras da alcaldesa, que este martes subía ao seu Instagram unha imaxe desde a noria da Alameda na que publicaba “a visión desde a Alameda do corazón de Compostela sempre estará ligada ás festas da Ascensión e a tempo de lecer e diversión”: “recoñece ela mesma que as atraccións no parque forman parte da estampa das festas” recalca.

Maior control na instalación das atraccións

Muíños propón como posible solución na procura “dun maior coidado da zona” un incremento do control policial na instalación das atraccións. Neste sentido, lembra que esta mesma semana os socialistas denunciaron un operativo policial insuficiente durante a Ascensión, con un número de efectivos inferior ao mínimo que establece o decreto de servizos mínimos do departamento de Seguridade.

Así, segundo o edil socialista, “podemos falar de mellorar o coidado ou o control da zona durante a instalación” pero insiste en que “non podemos argumentar que se pode facer un concerto no Obradoiro porque hai que compatibilizar o coidado do patrimonio co desfrute dos espazos públicos, e que esa mesma lóxica non sirva para manter as atraccións na Alameda”.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas