HomeA CoruñaGoretti Sanmartín chama a afrontar os retos en común na celebración do...

Goretti Sanmartín chama a afrontar os retos en común na celebración do Día de Santiago en Padrón

- Anuncio -spot_img

Como cada luns de Pascua, hoxe celebrouse o Día de Santiago en Padrón. A Corporación Municipal, encabezada pola alcaldesa, desprazouse á vila veciña para celebrar esta xornada, que serve para que Compostela e Padrón reforcen os seus lazos de irmandade.

Como vén sendo tradición, a delegación compostelá foi recibida na Casa do Concello padronés e, tras o intercambio de bastóns de mando e pendóns, o alcalde de Padrón e a alcaldesa de Santiago pronunciaron unhas palabras no salón de plenos.

Na súa intervención, a rexedora compostelá puxo de relevo os “retos en común” en que teñen Santiago e Padrón, entre os que mencionou o turismo sustentable, a vivenda e a mobilidade. Neste sentido, apuntou que Padrón se promociona como capital do ciclismo galego e Santiago propón un novo modelo de mobilidade urbana, con proxectos como o conector central. Así mesmo, Sanmartín chamou a desenvolver unha política do diálogo, sen descualificacións.

Durante o acto, o Concello de Padrón agasallou o de Santiago cunha copia Libro da Pascua de Padrón ilustrado por primeira vez por unha muller, Ángela Ríos, e do libro ‘Palmeiras, piueiros’ de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Ao término do acto, as dúas corporacións e a veciñanza puideron escoitar as actuacións das bandas municipais de Santiago e de Padrón.

A celebración do Día de Santiago en Padrón no luns de Pascua é unha cita tradicional na que as dúas vilas reforzan a súa irmandade, como fan despois no Día de Padrón en Santiago, nas festas do Apóstolo.

Publicacións Relacionadas