Goretti Sanmartín participa no acto de inauguración do Centro de Investigación Mestrelab
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe na inauguración Mestrelab CIM, na que parabenizou os impulsores destes proxecto. “Estou segura de que coa chegada de Mestrelab continuaremos formando parte desa tradición que significa raíces aquí, pero innovación e ganas de proxectarnos cara o futuro falando con todo o mundo. A tecnoloxía non só transforma procesos, senón que engrandece o humano”, subliñou.
Na súa intervención destacou a relevancia da diversificación económica para Santiago de Compostela, puxo o foco na innovación e na universidade e defendeu que este tipo de centros permiten reter o talento da xente nova e que non teñan que marchar e facer as maletas por falta de oportunidades. “Potenciar o talento e que a tecnoloxía vaia da nosa man para poder facer o que mellor se nos dá en Santiago e Galiza: imaxinar e crear”, proclamou.