O Concello organiza este domingo 1 de xuño, ás 12.30 horas no Parque da Lagoa de Mera, un gran musical no que máis de 200 artistas interpretarán unha versión do espectáculo Mamma Mía, baseado nos grandes éxitos do grupo ABBA. Participará a Orquestra Sinfónica e os coros da Escola Municipal de Música, o coro “La Tremenda Tremolina” e un grupo da Escola Municipal de Danza
Desta maneira a Escola Municipal de Música de Oleiros comeza as conmemoracións polo seu 25 aniversario. Nesta ocasión a Orquestra, constituída pola orquestra de cordas e a Banda da escola, agrupando a un cento de músicos, estará acompañada polos coros da propia Escola e polo coro “La Tremenda Tremolina”, así como polo alumnado da Escola Municipal de Danza.
Este espectáculo conta con Malu Balado, na dirección artística e na adaptación do libreto; Rodrigo Rodríguez, na dirección musical e na adaptación musical; Nilo García, na dirección da Orquestra Sinfónica; Coco Pereira, na dirección de La Tremenda Tremolina; Lara Fenoll, na dirección da Escola Municipal de Danza; e os profesores da Escola de Música Marina Gundín, Mónica Pérez, Álex Carral e Jorge Galán.