As e os concelleiros do Partido Socialista votarán a favor no día de hoxe no pleno municipal ao inicio da tramitación do modificación do PXOM que permite poñer fin a un tema que leva tantos anos adiado en Compostela, como é de Peleteiro.
En palabras do voceiro municipal, Gumersindo Guinarte, a situación de Peleiteiro “vaise resolver grazas, sobre todo, ao compromiso da Sareb, é dicir, ao compromiso do Goberno de España. “A titular do solar compromete o traspaso dese solar á Sociedade Pública de Vivenda que vai crear o Goberno de Pedro Sánchez para que se poidan construír aí, ao menos, un 45% de vivendas de protección oficial.
Guinarte lamentou a postura que está a manter o Partido Popular neste tema afirmando que “di que quere resolver o problema da vivenda e que lle preocupa, pero non vai a apoiar esta proposta que vai a permitir que en Compostela haxa un número importante de vivenda de protección oficial.”
O voceiro socialista incidiu nesta cuestión poñendo de manifesto que as vivendas que se van a construír en pleno ensanche compostelá grazas a este acordo “son, dende logo, moitas máis das que leva construídas a Xunta de Galicia ao longo dos últimos 15 anos, a pesar de ser a administración responsable en materia de vivenda na nosa Comunidade Autónoma.”