Home A Coruña Homenaxe ao Club Kempo Pobra polos logros acadados

Homenaxe ao Club Kempo Pobra polos logros acadados

- Anuncio -

O Club Kempo Pobra recibiu unha homenaxe na tarde deste 24 de setembro nun acto que transcorreu no teatro cine Elma, ao que asistiron os e as deportistas que integran esta entidade, arroupados polos seus familiares e membros da corporación municipal.

O club acadou neste 2021 numerosas distincións, das que deu conta Miguel Pérez, en representación da referida entidade deportiva, quen estivo acompañado no escenario dalgúns dos deportistas. Algúns exemplos son os resultados do Campionato Galego de Grappling, do Campionato de España de Grappling e Grappling GI, ou do Campionato de España de Clubes de Kempo. Tamén destacan os recoñecementos a Álex Pérez, que conseguiu a posición de deportista de alto nivel en kempo de Galicia, e a Adrián Pego Rey, elixido para ir coa selección española ao Mundial. Así mesmo, o Club Kempo Pobra quedou como terceiro mellor equipo no Campionato de España de Clubes.

A concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo, felicitounos por tódolos resultados obtidos. Neste senso, quixo salientar o afán de superación que os leva cara o éxito e que se traduce en alegrías para toda A Pobra. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, sumouse a estas palabras e manifestou que, de seguro, continuarán chegando boas novas, poñendo xa a vista en próximas citas deportivas nas que participará o club.

Deseguido, procedeuse a amosar o dummy co que o Concello agasalla á sociedade deportiva e realizouse unha breve demostración de como se utiliza este equipamento nos adestramentos. Finalmente, deportistas e membros da corporación fixéronse unha foto de familia no exterior do Elma.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas