Esta mañá celebrouse a I Travesía a nado Praia Grande de Miño, na que participaron máis de 130 deportistas. A proba, enmarcada no XXI Circuito Gallego Arzúa – Ulloa de Augas Abertas, constou de tres categorías: Travesía A, 1.500 metros; Travesía B, 3.000 metros e Travesía C, a máis esixente, cun percorrido de 5.000 metros. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, participou ao finalizar a competición no acto de entrega de premios.

