HomeA CoruñaA CoruñaImpulsar a creación dun ente de cooperación para recuperar o funcionamento institucional...

Impulsar a creación dun ente de cooperación para recuperar o funcionamento institucional de Cambre

- Anuncio -spot_img

Con esta proposta Alternativa dá un novo paso na súa aposta pola cooperación política para a recuperación da estabilidade institucional de Cambre, nun momento crítico

O voceiro do grupo, Raúl Varela, presentará no próximo pleno unha moción para a creación dun ente extraordinario de participación e seguimento institucional no que estarían representados todos os grupos da corporación, así como a Secretaria e a Interventora municipais.

A moción propón que o novo ente teña carácter temporal e que celebre reunións periódicas para avaliar os avances e emitir informes públicos, coa fin de garantir transparencia e participación. O obxectivo é poñer en marcha, de forma conxunta, un plan de acción que impulse a recuperación da normalidade administrativa, a recuperación dos servizos públicos e a coordinación entre as distintas áreas municipais.

Alternativa dos Veciños considera que é imprescindible poñer fin a esta situación na que a veciñanza é a principal prexudicada, mais tamén o persoal municipal, asociacións e clubs, empresas que traballan para o municipio e traballadores destas… En definitiva, as persoas que viven ou conviven en Cambre.

Alternativa reafirma o seu compromiso cunha política útil, dialogante e construtiva. Neste sentido, confía na disposición do resto dos grupos políticos para sacar a flote Cambre e poñer á veciñanza no centro.

Publicacións Relacionadas