HomeA CoruñaA CoruñaInauguración da expo HeART of Gaza: a visión artística das crianzas palestinas...

Inauguración da expo HeART of Gaza: a visión artística das crianzas palestinas sobre o xenocidio

- Anuncio -spot_img

Mañá, domingo 21 de setembro ás 12:00 horas, inaugurarase na Fábrica a mostra “HeArt of Gaza. Memorias dun neno palestino”.

A mostra, encadrada nunha fin de semana chea de actos de solidariedade e denuncia do xenocidio perpetrado polo estado sionista de Israel contra o pobo palestino; permanecerá aberta ao público desde o 21 de setembro ata o 3 de outubro.

A exposición HeART of Gaza. Memorias dun neno palestino está formada por distintos debuxos realizados por nenos e nenas gazatíes nos que expresan a súa percepción do xenocidio que están a sufrir, incluíndo por desgraza tamén pinturas dalgúns nenos asasinados polo exército de Israel.

A exposición é unha plataforma para que os máis vulnerables, os máis silenciados e os máis afectados por esta violencia compartan co mundo a realidade de vivir un xenocidio nas súas carnes. Cada obra de arte está acompañada dunha “declaración”, que inclúe o nome, a idade e unha foto do artista, así como a descrición do seu propio traballo.

Desde o Concello de Oleiros convídase a toda a veciñanza para que que se achegue á Fábrica do 21 de setembro ao 3 de outubro para experimentar, desde unha óptica infantil e xuvenil, a barbarie do xenocidio contra o pobo palestino.

Publicacións Relacionadas