Incendiado un colector de lixo na ponte Rosende, no concello de Carballo

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados ás 22:00 horas de onte, 20 de agosto, dun incendio que afectou a un colector do lixo na Ponte Rosende, no municipio de Carballo.

Á chegada destes identificouse a orixe do lume nuns restos depositados fóra do colector. O operativo consistiu na extinción das lapas e na posterior comprobación da seguridade no perímetro.

No operativo tamén tomou parte a Policía Local de Carballo.

Comparte este artigo