HomeA CoruñaIncendiado un galpón en Almozara, no concello de Santa Comba

Incendiado un galpón en Almozara, no concello de Santa Comba

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba foron alertados pasadas as 20:30 horas de onte dun incendio que afectou ao galpón dunha nave no lugar de Almozara, na parroquia de Fontecada, en Santa Comba.

O lume orixinouse nun cadro eléctrico próximo a tres recipientes de gasoil, polo que o lume presentaba unha gran intensidade. O operativo consistiu na extinción das chamas, no ventilado e na comprobación da seguridade.

Completaron o operativo a Policía Local e a Garda Civil de Santa Comba.

Publicacións Relacionadas