Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados ao redor das 12:20 horas do mediodía, de hoxe, 1 de xuño, dun incendio forestal dun monte en pendente ao carón da depuradora do porto de Malpica de Bergantiños, na Parroquia de San Xulián.
Na chegada ao lugar do equipo de bombeiros, e tras perimetrarse a zona, extinguiuse o lume que había na ladeira do monte e enfriouse con auga toda a zona preto da depuradora e os lindes onde ardeu o matorral.
Rematado o servizo, e despois de comprobar que a situación quedou controlada, realizouse o regreso cara o parque.
Completaron o operativo a Policía Local, Garda Civil e o SMPC de Malpica, así como os Bombeiros Forestais xunto a un axente medioambiental.