Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados dun pequeno incendio nun galpón anexo a unha vivenda en Groba – Golmar, no Concello e Laracha.
Na chegada ao galpón procedéuse á extinción do lume. Na vivenda non houbo danos xa que aporta que comunica ambas estancias estaba pechada; de todos modos, colocouse o ventilador de presión positiva para expulsar o fume que entrou ao abrir a porta para extinguir o incendio.
Os danos foron mínimos e afectaron só a unha pequena parte do galpón pero non á súa estrutura.