HomeA CoruñaIncendio nun galpón no lugar de Ouxo, na parroquia de Posmarcos, na...

Incendio nun galpón no lugar de Ouxo, na parroquia de Posmarcos, na Pobra do Caramiñal

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros dos parques provinciais de Ribeira e Boiro foron requiridos esta mañá, arredor das 12:25 horas, por un incendio nun galpón no lugar de Ouxo, na parroquia de Posmarcos, no concello da Pobra do Caramiñal.

Á súa chegada, comprobaron que estaba ardendo parte do tellado e o chan do fondo do galpón, no que almacenaban palla, herba seca e outros enseres. Ademais, no seu interior había dúas gaiolas, unha con galiñas e outra con pavos. Esta última non se viu afectada.

Os bombeiros provinciais lograron sufocar as lapas e, ao remate, procederon á refrixeración de toda a zona ata deixala completamente segura.

A propietaria do galpón presentaba queimaduras leves, pero desprazouse ata o hospital do Barbanza polos seus propios medios.

No operativo participaron tamén a Policía Local da Pobra do Caramiñal e a Garda Civil de Tráfico.

Publicacións Relacionadas