Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da casa consistorial de Ribeira.
O lume foi extinguido polo sistema automático do propio transformador. Durante a actuación os bombeiros provinciais fixeron comprobacións de gases na estancia.