Incendio nun vehículo na AC-14, na saída do aeroporto dirección A Coruña, no concello de Culleredo

adminON
Lectura mínima de 0

Os bombeiros do parque provincial de Arteixo interviñeron á primeira hora desta mañá (aviso ás 08:36 horas) na extinción dun incendio nun vehículo na AC-14, sentido A Coruña (saída aeroporto), no concello de Culleredo.

O lume tamén afectara á masa forestal, polo que os labores de extinción cunha motobomba estendéronse á mesma.

No punto atopábanse Garda Civil de Tráfico, Conservación de Estradas e bombeiros forestais.

Comparte este artigo