Incendio nunha vivenda da avenida da Coruña, no casco urbano do concello de Ribeira

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados polo parque de Ribeira, ao redor das 17:00 horas de onte, domingo 2 de xuño, dun incendio que afectou a un domicilio na avenida da Coruña, no concello de Ribeira.

Unha vez no lugar, os bombeiros lograron acceder á vivenda onde se atopa a persoa residente, aparentemente desorientada. O foco do fume polo cal foron alertados os bombeiros procedía dunha pota queimada , a cal xa estaba apagada. Logo de garantir as condicións de seguridade deuse por finalizado o operativo.

Na intervención tamén actuaron a Policía Nacional, Policía Local, 061 e Protección Civil.

Comparte este artigo