Home A Coruña Inchables, merenda, teatro e premios aos mellores disfraces para celebrar o Entroido...

Inchables, merenda, teatro e premios aos mellores disfraces para celebrar o Entroido nas Somozas

- Anuncio -

• O pavillón municipal acollerá a cita o vindeiro 25 de febreiro a partir das 17:00 horas. O evento conta coa organización do Concello e a ANPA do CEIP O Marbán, así como a colaboración da Deputación da Coruña e SAVA Servicios Deportivos.

As Somozas terá o vindeiro 25 de febreiro unha cita co Entroido. As instalacións do pavillón municipal acollerán a partir das 17:00 horas unha celebración na que non faltarán os inchables, a merenda, o teatro e os concursos de disfraces para as máis pequenas e pequenos da casa.

A rapazada poderá gozar de diferentes xogos inchables e terá á súa disposición unha merenda para conmemorar a festividade. Tamén contará coa animación da compañía Moc Moc co seu espectáculo ‘Merecidamente’, incluído dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Dentro da programación inclúense, ademais, premios para os mellores disfraces. Todas as actividades desenvolveranse respectando todas as normativas vixentes para a prevención de contaxios por covid-19.

O evento conta coa organización do Concello das Somozas e a ANPA do CEIP O Marbán, así como a colaboración da Deputación da Coruña e SAVA Servicios Deportivos.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas