Home A Coruña Inés Rey anima na gala de Coruña Corre a volver bater o...

Inés Rey anima na gala de Coruña Corre a volver bater o récord de participación do circuíto de carreiras populares neste 2023

- Anuncio -

O Ágora acolleu a despedida da edición do 2022, coa entrega de distincións aos mellores e ás mellores atletas e o anuncio das datas do circuíto deste ano

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a gala final do circuíto Coruña Corre 2022, que contou coa presenza dos mellores corredores e corredoras das oito probas que compuxeron esta edición, as sete habituais do circuíto e a carreira especial que rendeu homenaxe aos 50 anos da apertura do CHUAC.

O acto, que tivo un formato de ‘late night’, estivo conducido por Xalo Maira e Pablo Muñoz, e contou coa colaboración de Adela Bértolo. Polo escenario do Centro Sociocultural Ágora pasaron as e os mellores clasificados das diferentes categorías deste circuíto de carreiras populares. Inés Rey foi a encargada de entregar os premios da categoría absoluta, que foron para Álvaro Presedo, Abdelaziz Fatihi e Álvaro Marín no cadro masculino e para Uxía Rodríguez, Nerea Sánchez e Nati García polo cadro feminino.

A gala, á que asistiron máis de 200 persoas relacionadas co mundo das carreiras populares, do deporte coruñés e das asociacións veciñais, serviu para avanzar as datas das sete carreiras que compoñen o circuíto Coruña Corre 2023. A primeira carreira popular será o 25 de marzo, cando se realizará a Nocturna da Torre de Hércules. As seguintes serán: Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma (7 de maio), Carreira Popular dos Rosales (21 de maio), Carreira Popular de Matogrande (25 de xuño), Carreira Popular Volta a Oza (10 de setembro), Carreira Popular do Ventorrillo (22 de outubro) e Carreira Popular de Novo Mesoiro (26 de novembro).

“Nesta nova edición temos o reto de superar as 12.000 persoas inscritas do pasado 2022, que foi o mellor rexistro das sete edicións deste circuíto”, sinalou Inés Rey, que quixo tamén animar a participar na 5K da Coruña21, que servirá como punto de partida deste circuíto e que se celebrará por primeira vez este ano vinculada ao medio maratón. A rexedora tamén destacou os importantes avances acadados nos últimos anos para favorecer a práctica do deporte na rúa, como o carril para correr, que se creou no Paseo Marítimo tras a pandemia e que goza dunha moi alta aceptación entre as persoas deportistas da cidade.

Esta infraestrutura verase mellorada nos próximos meses, cando finalicen as obras de urbanización do paseo no seu tramo entre As Ánimas e o cemiterio de Santo Amaro.
“O deporte mellora notablemente a calidade de vida de quen o practica e xa nos quedou claro neste circuíto, con numerosas persoas corredoras veteranas, que nunca é tarde para comezar a practicalo”, sinalou Inés Rey.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas