HomeA CoruñaInés Rey e Isabel Rodríguez poñen en valor a política de vivienda...

Inés Rey e Isabel Rodríguez poñen en valor a política de vivienda da Coruña no III Foro Urbano de España

- Anuncio -spot_img

Ambas destacaron o papel das cidades na aplicación da Lei de Vivenda sendo A Coruña a primeira cidade galega en ser declarada Zona de Mercado Residencial Tensionado

Logo do encontro no V Foro Local, en Palexco, visitaron a Torre Efisa despois da súa rehabilitación de eficiencia enerxética

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu hoxe á ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, no marco do III Foro Urbano de España, que se tivo lugar na Coruña. Rodríguez participou no V Foro Local xunto coa presidenta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), María José García-Pelayo, e coa alcaldesa.

Ambas abordaron as políticas de acceso á vivenda impulsadas na Coruña e coincidiron na importancia da cooperación entre administracións para garantir o dereito a unha vivenda digna. A ministra destacou a importancia de que A Coruña sexa a primeira cidade galega en ser declarada Zona de Mercado Residencial Tensionado, aplicando a Lei de Vivenda co obxectivo de poñer tope aos alquileres. Rey lembrou que é unha medida complementaria ao Plan de Vivenda 2024-2030 posto en marcha polo Goberno local.

Tras a participación da ministra no foro, Rey e Rodríguez visitaron a Torre Efisa, un dos edificios máis representativos da renovación enerxética na cidade, que conta con máis de 180 vivendas e 70 locais comerciais. A rehabilitación, cuxo custo ascendeu a 7,5 millóns de euros, foi financiada en 4,6 millóns a través dos fondos europeos Next Generation.

O inmoble vén de completar unha intervención integral que inclúe o illamento e a renovación das súas fachadas e cubertas, a electrificación dos sistemas de calefacción e auga quente e a instalación de máis de 200 paneis fotovoltaicos, reducindo así as emisións de CO₂ e mellorando a eficiencia enerxética.

Publicacións Relacionadas