test
Home A Coruña Inés Rey fai balance dos últimos cinco anos: “A Coruña está vivindo...

Inés Rey fai balance dos últimos cinco anos: “A Coruña está vivindo a transformación urbana, social e cultural máis importante das últimas décadas”

- Anuncio -

A rexedora presentou esta mañá o balance ‘Cinco anos modernizando A Coruña’, con atención ao primeiro ano deste mandato

No último ano, o Goberno de Inés Rey executou un total de 42,77 millóns de euros en obra pública

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá o balance ‘Cinco anos modernizando A Coruña’ no que fixo análise do traballo realizado dende a chegada á alcaldía no 2019. Rey, acompañada do Goberno municipal, explicou que estes primeiros cinco anos supuxeron grandes transformacións en mobilidade, espazo público, infraestruturas, benestar e posicionamento da cidade: “A Coruña está vivindo a transformación urbana, social e cultural máis importante das últimas décadas”, sinalou.
A alcaldesa destacou que hoxe A Coruña é unha cidade mellor que no 2019. “Hoxe A Coruña ten 5.000 habitantes máis que no 2019, gañou poboación e apunta a traspasar a barreira dos 250.000 habitantes, un obxectivo que nos temos marcado”, apuntou. Tamén fixo referencia á taxa de paro, a máis baixa rexistrada, xunto co desenvolvemento de barrios como Xuxán e Visma. “Hoxe A Coruña volve ser, sen discusión, o motor de Galicia e ademais o é cunha maior calidade urbana”, aseverou.
A alcaldesa detallou as principais transformacións relativas ao cambio no modelo de cidade do último lustro. En materia de mobilidade urbana, Rey sinalou os avances seguindo unha dobre perspectiva: ampliación e mellora do espazo público e aposta polo transporte sostible.
En materia de espazo público, lembrou os máis de 55.000 metros cadrados gañados no pasado mandato xunto coa humanización e mellora de 30 rúas e prazas, hoxe xa 45 intervencións. Puxo como exemplo a tranformación das rúas Ramón Cabanillas e as dúas fases de Alcalde Marchesi, cosendo a Rolda Peonil que conta con máis de 3,5 quilómetros e á que neste mandato se sumará
1
Nota de Prensa
a Sagrada Familia coa humanización prevista da rúa. “Había moito tempo que non se actuaba con tanta determinación nese cinto de barrios populares como o está a facer este goberno”, indicou.
Respecto aos avances no último ano, Rey anunciou que o Concello leva executados un total de 42.775.671 de euros en obra pública. Destacou a posta en marcha do Plan de Humanización e Investimentos nos Barrios da Cidade, con máis de 26 millóns de euros e deu conta das 112 intervencións en contratación, adxudicadas, iniciadas ou executadas dende xuño de 2023, nas que se mobilizan un total de 51 millóns de euros. Delas, 17 intervencións correspondentes a 9,53 millóns foron destinadas a mellora do espazo público.
En relación á posta en valor do espazo público, nestes últimos cinco anos, o Concello reparou e renovou 97.297,63 metros cadrados de aceras e nestes orzamentos municipais incrementouse a partida de mantemento de firmes e beirarrúas, superando os 10,3 millóns de euros. A alcaldesa tamén avanzou que o Goberno está traballando na nova Ordenanza de Terrazas e que nos vindeiros meses se reunirán co sector para tratar o documento. “O noso obxectivo é que quede definida antes de que remate 2024” aseverou.
A rexedora destacou como mellora dos espazos os 16 proxectos da segunda convocatoria dos Next Generation, dos cales 4 xa están en marcha: o reordenamento da rúa Bergondo con Casanova de Eirís, a reurbanización da rampla do Matadoiro, a mellora da accesibilidade da rúa Castaños e as 16 paradas accesibles do bus urbano, que se suman ás máis de 50 xa executadas nos últimos 5 anos. Tamén lembrou as 10 intervencións en parques infantís, 25 nos últimos cinco anos por máis de 750.000 euros, e que incorporan xa xogos inclusivos. “Neste sentido podo comprometer a presentación do Plan de parques infantís 2025-2030 nos vindeiros 6 meses, co obxectivo de que haxa un parque infantil a menos de dez minutos para cada familia”, sinalou Rey.
Como principais intervencións iniciadas neste último ano, sinalou a reurbanización de San Andrés e o Mercado de Monte Alto como exemplos, xunto coa rehabilitación da Casa Veeduría. “A intervención rematará este ano e o noso compromiso é que antes de que finalice 2024 estará aberto, ao igual que estarán finalizadas as obras do Centro de Baixa Esixencia e do novo Centro Cívico do Birloque”, expuxo.
Tamén fixo fincapé do inicio do convenio para o Parque do Agra do Orzán, polo que o barrio pasará a contar con preto de 5.000 metros cadrados de espazo de uso libre, e o proxecto de 2
Nota de Prensa
renovación dos Cantóns, fase cero da integración do Porto na Cidade. Nesa liña, a rexedora destacou a sinatura do procotolo Coruña Marítima e definiuno como “un acordo histórico entre administracións, necesario para levar a cabo a maior transformación urbana da Coruña”.
Rey anunciou que este mes de xuño se aprobará a creación da comisión “Coruña Marítima”, liderada pola alcaldesa e na que participarán representantes de todas as administracións implicadas.
En canto a transporte público, destacou o servizo de BiciCoruña como aposta polo desenvolvemento sostible e comparou as cifras de uso respecto a 2019. “No 2019, de xaneiro a decembro, o servizo tiña un total de 206.946 usos. Agora, antes de rematar o primeiro semestre de 2024, superamos xa o medio millón con 507.140 usos, máis do dobre na metade de tempo” detallou a rexedora. Tamén lembrou a ampliación do servizo prevista a cargo dos fondos Next Generation, con 90 estacións e 562 bicicletas eléctricas na flota. “Só o ano pasado aforramos á emisión á atomósfera de 752 toneladas de monóxido de carbono grazas ao uso da bici fronte ao vehículo privado” explicou.
Tamén fixo referencia ás bonificacións do transporte urbano, xunto co MITMA e a Universidade da Coruña, e estableceu como reto a modernización do servizo de autobús. “O meu compromiso é sacar a licitación a redacción dos pregos antes de que remate o ano, co obxectivo de iniciar un proceso participativo que nos permita avanzar na modernización dun servizo que precisa adaptarse aos novos tempos” explicou.
Respecto ao cambio no modelo económico, a alcaldesa situou o liderado tecnolóxico da Coruña como exemplo de avance industrial. “Como Goberno entendemos ese cambio, esa crecente necesidade e quixemos impulsalo coa Cidade das TIC e AESIA, os dous principais proxectos tecnolóxicos institucionais da cidade, consolidando A Coruña como polo de atracción de talento” explicou. Rey comprometeuse a constituir a sociedade xestora antes de que remate o ano. Tamén en liña co desenvolvemento tecnolóxico, lemboru que A Coruña é sede permanente de Ecosystems 2030, un dos eventos TIC máis importantes do mundo.
A alcaldesa tamén lembrou que nestes cinco anos, o Concello da Coruña reforzou a súa rede de Benestar Social, coa aprobación da gratuídade das Escolas Infantís Municipais, a posta en marcha do programa Coruña Acompaña para combatir a soidade non desexada ou a creación de 3
Nota de Prensa
novos espazos para a mocidade, como as Naves do Metrosidero ou o Remanso, xunto coa pista multideporte José Toubes. “Hai cinco anos os rapaces e rapazas facían botellón nos xardíns de Méndez Núñez, hoxe recuperaron o seu esplendor e Atochas e Catro Camiños enchéronse de mocidade”, sinalou. En canto ao último ano, Rey lembrou a posta en marcha do primeiro Plan Municipal de Saúde Mental, con medidas a desenvolver ata o vindeiro 2018, e comprometeuse a iniciar a redacción do Plan Municipal de Inclusión antes de 2025. Tamén situou o desmantelamento da pasaxe como fin dunha loita de case catro décadas, que culminou o pasado mes de abril, relocalizando a todas as familias do poboado en vivendas.
Inés Rey situou o impulso ás novas infraestruturas como unha das cinco grandes tranformacións da cidade, ben en colaboración con outras administracións, como a Pasarela de Pedralonga, a Estación Intermodal, o enlace ferroviario a Punta Langosteira ou o Novo CHUAC; como as propiamente municipais desenvoltas nos barrios, con novos espazos deportivos como o Centro Deportivo do Castrillón. Rey comprometeuse a sacar a licitación a xestión dos Centros Deportivos do Castrillón e San Diego antes de que remate o ano, xunto co Plan Director das Instalacións Deportivas co obxectivo de mellorar a rede de espazos para uso dos clubs da cidade. Na mesma liña, tamén se comprometeu á licitación das obras para rehabilitar Santa Lucía e o novo contrato da Planta de Residuos de Nostián nos próximos seis meses.
A alcaldesa tamén lembrou que nos vixentes orzamentos municipais recóllese a posta en marcha do Plan de Vivenda 2024-2030, dotado con 13,22 millóns de euros co obxectivo de dar resposta á crecente necesidade de vivenda. Destacou algunhas partidas específicas como os máis de 1,8 millóns de euros para iniciar a construción dun edificio con 50 vivendas de réxime público en Xuxán. A ela sumarase a promoción pública de Marqués de Pontejos, comprometéndose a que quede rematada este mesmo ano. “Este Plan de Vivenda 2024-2023 permitirá construción de máis de 4.000 vivendas no período 2024-2030, co desenvolvemento urbanístico dos polígonos con vivenda de protección como o do Polígono de Visma” sinalou. Lembrou que en decembro se aprobou o proxecto de urbanización co que se prevé a creación dunha bolsa de case 3.600 novas vivendas, das que un 26% serán de protección oficial.

Relacionadas

Incendio nun local hostaleiro da rúa do Concello de Miño

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos interviñeron pasadas as 14:00 horas deste mediodía nun operativo dirixido á extinción dun lume ocasionado no...

Susana Sampedro foi recoñecida pola súa traxectoria artística polo Concello de Ribeira

0
O Concello de Ribeira fíxolle unha recepción á querida veciña e actriz, Susana Sampedro.Arroupada por familiares, amigos veciñanza foi recepcionada no auditorio vello polo...

Alternativa presenta unha moción sobre a granxa porcina de Lañas

0
Alternativa dos Veciños presentou unha moción sobre as irregularidades na actividade da granxa porcina que se sitúa no lugar da Ermida na parroquia de...

Compostela #mudaoconto con teatro contra o antixitanismo de xénero

0
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais colabora con AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, no seu programa #mudaoconto contra...

O Concello de Ortigueira oferta unha ampla programación de roteiros de sendeirismo durante todo...

0
• A iniciativa ‘Ortigueira ao paso’ é completamente gratuíta e programa 14 saídas entre durante os meses de xullo, agosto e setembro. O Concello de...

Belén do Campo anuncia a licitación das obras de ampliación e mellorado CEIP Mar...

0
 A delegada da Xunta destacou que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun centro con maior espazo, confort térmico...

Publicacións Relacionadas