Home A Coruña Inés Rey felicita ao alumnado do CEIP San Francisco Xabier pola súa...

Inés Rey felicita ao alumnado do CEIP San Francisco Xabier pola súa implicación no programa ‘Titoría entre iguais’, ideado para evitar casos de acoso escolar

- Anuncio -

A alcaldesa participou esta mañá no acto de entrega de diplomas a 110 alumnas e alumnos do colexio coruñés que forman parte desta iniciativa, orientada a fomentar a convivencia desde idades temperás

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta mañá o acto de entrega de diplomas ao alumnado do CEIP San Francisco Xabier que toma parte no programa ‘Titoría entre iguais’, unha iniciativa que se leva a cabo no centro educativo coruñés desde hai seis anos, e que promove a colaboración e apoio entre a rapazada para prevenir e evitar casos de acoso escolar.

No caso do CEIP San Francisco Xabier, alumnas e alumnos en quinto curso de Educación Primaria exercen de titoras e titores de estudantes en terceiro ano, brindándolles orientación e traballando de forma conxunta na busca de solucións pacíficas ante posibles conflictos, fomentando unha convivencia positiva entre os pequenos. Desta forma, este luns recoñeceuse a implicación de 110 alumnos do colexio que participan nesta iniciativa coral.

“Nos colexios, como nas nosas casas, nas rúas e na vida en xeral, non hai cabida para as burlas, as faltas de respecto, os insultos e os menosprecios”, lembrou Inés Rey, que tamén celebrou a sensibilidade amosada pola rapazada que toma parte no proxecto TEI, “estando a carón das compañeiras e compañeiros, prestando atención a situacións de dificultade nas aulas e facendo que todas as nenas e nenos sexan partícipes do día a día no colexio, un paso clave no seu camiño á vida adulta”.

Neste sentido, a alcaldesa avogou por dar continuidade e reforzar as canles de comunicación entre o alumnado do programa TEI co profesorado, o persoal orientador, as familias e tamén cos profesionais da Concellaría de Educación. “Grazas a iniciativas como ‘Titoría entre iguais’, as nenas e nenos poden dar o primeiro paso para botar unha man a un compañeiro, pero ista é unha cuestión de implicación colectiva, que pode axudar a atallar de raíz o ‘bullying’”, sinalou a rexedora.

Ao acto de entrega de diplomas asistiron, ademais, o concelleiro de Educación, Jesús Celemín; a directora do CEIP San Francisco Xabier, María Jesús Rodríguez; a coordinadora do programa no centro educativo, Isabel Vázquez; o director do Centro de Formación y Recursos (CFR-A Coruña), Emilio Veiga; e tamén Carlota Sánchez e Xosé Marquina, futbolistas do Deportivo Abanca e o Dépor Genuine, respectivamente.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas