Home A Coruña Inés Rey pon a rúa San Leopoldo como exemplo da mobilidade peonil...

Inés Rey pon a rúa San Leopoldo como exemplo da mobilidade peonil impulsada neste mandato

- Anuncio -

Este mércores comezaron os traballos de reurbanización da travesía de Fernández-Latorre, que gañará espazo para peóns e ciclistas

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta mañá na marcha escolar a pé ata a rúa San Leopoldo, dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade. A rexedora estivo acompañada por axentes da Policía Local neste traxecto realizado polo alumnado do CEIP Sagrada Familia.

Estes días pintáronse no firme de San Leopoldo diferentes xogos para nenos e nenas.
Trátase dunha petición veciñal que o Goberno de Inés Rey incorporou ao proxecto de reurbanización da rúa, peonil desde o Nadal do 2020. “Esta vía é un dos exemplos máis claros da nosa política de mobilidade, buscando unha cidade con máis espazo para as persoas”, sinalou a rexedora.

A rúa San Leopoldo foi obxecto dun proxecto piloto de peonalización acordado con veciños e comerciantes. Debido ao seu éxito, decidiuse acometer unha reurbanización completa da vía, que pasou a ser de plataforma única, con zonas verdes na súa parte central. Ademais dos xogos no pavimento, esta rúa tamén incorporou a estatua ‘Os paseantes’, de José Castiñeiras.
“San Leopoldo é o perfecto exemplo da mobilidade que buscamos. Un espazo no que conviven nenos e maiores. Un entorno tranquilo nun dos barrios que foron pioneiros da peonalización, co claro exemplo da rúa Barcelona”, engadiu Inés Rey. A rexedora, que estivo acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, apuntou que as actividades da Semana Europea da Mobilidade buscan crear conciencia entre as diferentes xeracións de coruñeses da necesidade de adoitar novos hábitos para desprazarse pola cidade. A alcaldesa agradeceu a colaboración de diferentes empresas e entidades, ademais de todas as persoas participantes nas xornadas que se desenvolven desde o pasado venres. Os actos desta Semana da Mobilidade concluirán este xoves.

Reurbanización de Fernández-Latorre
Este mércores comezaron os traballos de reurbanización da travesía de Santiago Rey Fernández-Latorre. Trátase dunha grande actuación orientada tamén a mellorar a mobilidade peonil e en bicicleta. Este proxecto está financiado con fondos Next Generation e conta cun orzamento de máis de 750.000 euros.

A actuación comprenderá unha superficie de 5.500 metros cadrados, que inclúe a creación dun novo carril bici de 466 metros, que conectará os existentes en Puga y Parga, Mariscal Pardo de Cela, Ramón y Cajal e Pérez Arda. “Trátase dunha reurbanización total da vía, que pasará a ter un carril por sentido e gañará espazo para os peóns e os ciclistas e terminará cun dos principais problemas desta rúa: a dobre fileira”, sinalou Inés Rey.

A travesía de Santiago Rey Fernández-Latorre quedará totalmente adaptada á actual normativa de accesibilidade grazas á ampliación das beirarrúas. Crearanse, ademais, novas zonas verdes e haberá 19 prazas de aparcadoiro e sete novas prazas para motocicletas. “As xestións do Goberno municipal permitiron á cidade dispoñer de 11 millóns de euros en axudas Next Generation para acometer diferentes traballos e mellorar a calidade de vida das persoas”, apuntou Inés Rey.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas