Home A Coruña Inés Rey reclámalle á Xunta que contribúa a bonificarlle o bus urbano...

Inés Rey reclámalle á Xunta que contribúa a bonificarlle o bus urbano aos coruñeses achegando o 20% do custo, igual que fan outras comunidades autónomas

- Anuncio -

A alcaldesa solicitoulle hai 31 días ao presidente, Alfonso Rueda, a súa colaboración económica para completar as axudas do 30% que está a ofrecer o Estado e non obtivo resposta

A alcaldesa, Inés Rey, reclámalle á Xunta de Galicia a bonificación do 20% no prezo do billete do autobús urbano necesario para manter o desconto do 30% do Goberno de España aprobado no Consello de Ministros do pasado 27 de decembro. A través dunha carta dirixida ao presidente, Alfonso Rueda, a rexedora solicitoulle hai 31 días a bonificación do 20% adicional ao desconto estatal para poder optar á axuda e poder manter a rebaixa no prezo do bus e non tivo resposta. “É á Xunta a quen lle corresponde bonificar o 20% para poder acceder ao desconto do 30% do Ministerio e que a cidadanía teña así o 50% de desconto” sinalou Inés Rey.

Tal e como contempla o Real decreto lei aprobado, as comunidades autónomas podencompletar o 30% da bonificación cun 20% adicional e obter así a rebaixa da metade no prezo do autobús, como xa fixeron Madrid e Valencia. O Goberno de Inés Rey xa solicitara nunha carta á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, esta bonificación o pasado 26 de agosto para completar a axuda do Goberno e non tivo resposta. A rexedora reiterou esta petición enviadolle unha carta ao presidente Alfonso Rueda fai 31 días, solicitando a bonificación do 20% con cargo aos orzamentos autonómicos, necesaria para manter a axuda estatal durante este ano.

O Goberno de Inés Rey xa asume preto do 40% de bonificacións no prezo do billete ordinario aboado coa Millennium ou a app, bonificacións que chegan ao 60% nas liñas de autobús da UDC grazas ao acordo entre o Concello e a Universidade. “Como o Concello da Coruña xa bonifica a día de hoxe con preto do 40% o billete do autobús urbano consideramos que é á comunidade autónoma á que lle corresponde facer fronte ao 20% que establece o Goberno central, tendo en conta a importancia que teñen para os coruñeses e as coruñesas as bonificacións no transporte público” expuxo a alcaldesa na carta remitida ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Rey solicita da Xunta o mesmo trato para os coruñeses e coruñesas que o Goberno galego lles está a dar a outros concellos e pídelle que actúe como fan outras comunidades autónomas e non exclúa as persoas habitantes das cidades das axudas ao transporte público. “Non pedimos nada excepcional, senón que a Xunta aplique unha medida prevista xa no Real decreto e que outros gobernos autonómicos están a aplicar”, indicou Rey.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas