Home A Coruña Infraestruturas acometerá obras na rúa Newton para crear sete áreas de aparcadoiro...

Infraestruturas acometerá obras na rúa Newton para crear sete áreas de aparcadoiro e zonas verdes, evitando o estacionamento indebido

- Anuncio -

O proxecto súmase aos traballos xa aprobados para a humanización e reurbanización de Severo Ochoa, outra das arterias do polígono de Agrela

A Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, que dirixe, Juan Díaz Villoslada, está a piques de comezar unha serie de obras de mantemento para a mellora do estacionamento e as zonas verdes na rúa Newton, unha das arterias principais do polígono de Agrela.

Os traballos, solicitados pola Asociación de Empresarios de Agrela para reordenar unhas zonas axardinadas ocupadas indebidamente por vehículos privados que estacionan en zonas verdes, solucionarán o problema existente mediante a creación de sete novas áreas de estacionamento baixo a fórmula lousa-céspede. Ademais, manterase a zona de itinerario peonil, seguro e accesible, e tamén se proxecta a planta de árbores na contorna.

Esta intervención sumarase á xa aprobada no mes de outubro, en Xunta de Goberno Local, para a humanización e reurbanización da rúa Severo Ochoa, tamén en Agrela. A obra, incluída na estratexia DUSI e para o que se estima un investimento dun millón de euros, será financiada nun 80 % con fondos FEDER. Os traballos, cun prazo de execución de doce meses, teñen como obxectivo “a mellora ambiental de toda a zona a través de diversas accións vinculadas á creación de espazos verdes e da mellora da mobilidade”. “Trátase de humanizar, mellorar a mobilidade e reducir a contaminación ambiental e sonora desta vía”, aclarou a alcaldesa da cidade da Coruña, Inés Rey.

A inversión en Agrela durante o actual mandato
A Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade acometeu, desde o comezo do mandato actual, un total de oito obras nas inmediacións de Agrela. As de maior envergadura, cun investimento de 166.000 euros, foron as reparacións de pavimento MBC nas rúas Severo Ochoa, Gutenberg e Gambrinus, seguidas polos traballos para a conexión do carril-bici da estrada de Baños de Arteixo coa Sardiñeira e a rúa Cesuras, proxecto ao que se destinaron 148.456,18 euros.

Ademais, o Concello da Coruña renovou o firme da calzada na avenida Severo Ochoa (57.453,07 euros); arranxou as barreiras metálicas na ronda Real Club Deportivo (52.029,19 euros); abordou a mellora e reparación do pavimento na avenida de Fisterra (30.109,10 euros); dotou a Vioño dun aparcadoiro provisional (19.053,48 euros); afrontou os arranxos no aseo e fachadas do Centro Municipal de Empresas do Igrexario (18.144,12 euros); e, por último, acometeu a canalización e a mellora do firme no estacionamento entre o camiño do Bosque e Agrela (14.504,57 euros).

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas