Home A Coruña Inícianse os traballos de renovación do colector de saneamento na rúa Mesón

Inícianse os traballos de renovación do colector de saneamento na rúa Mesón

- Anuncio -

• Preténdese actuar nun total de 49 metros da rede do núcleo de Cerceda ao paso por esta vía.

O Concello de Cerceda iniciou os traballos de renovación do colector de saneamento do núcleo de Cerceda ao seu paso pola rúa mesón.

Preténdese actuar en 49 metros da rede e previa execución das gabias instalarase unha nova canalización con tubaxe de PVC de 400 milímetros de diámetro, e tres pozos de rexistro.

Executaranse tamén oito acometidas domiciliarias mediante enlace colector, arqueta de saneamento e tubaxe de PVC. Estes traballos completaranse coa reposición do pavimento afectado de formigón reforzado e aglomerado.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinala que “as intervencións en materia de saneamento son fundamentais, xa que garanten a prestación dun servizo prioritario para a veciñanza”, e neste sentido, recalca que “a nosa idea é realizar estas tarefas alí onde sexa necesario para garantir o benestar das persoas de Cerceda”.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas