Home A Coruña Inscricións abertas en “Ola mundo!”, un obradoiro de creación coa artista Doa...

Inscricións abertas en “Ola mundo!”, un obradoiro de creación coa artista Doa Ocampo

- Anuncio -

Celebrarase este sábado, con participación gratuíta, na Casa das Palmeiras

A artista Doa Ocampo guiará este sábado 28 de xaneiro un obradoiro de creación de bandeiras baixo o título “Ola mundo!” Dirixido a veciños e veciñas a partir de 16 anos, terá lugar na Casa das Palmeiras, en horario de 11:00 a 14:00 horas, e a participación é gratuíta, con inscrición previa ao tratarse de plazas limitadas. Para anotarse tan só hai que chamar ao teléfono da Biblioteca en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Esta actividade forma parte da mostra “Arte Ambulante”, de A Colectiva, á que puidemos achegarnos no mes de novembro en Neda, e aínda que se ía celebrar nesas xornadas, causas de forza maior obrigaron a aplazar ata este sábado a acción.

Así pois, “Ola mundo!” é un obradoiro de creación de bandeiras como mensaxes para o mundo, realizadas con tecidos reciclados e mediante técnica de colaxe, bordado libre e pintura sobre o tecido. Segundo explica a artista Doa Ocampo, por motivos evidentes, asociamos as bandeiras a poderosas simboloxías colectivas, sempre un pouco ameazantes cando non compartimos a filiación ao grupo ao que
representan, sexa o dunha nación, un partido político ou un equipo de fútbol. Sen embargo, para Ocampo, tamén podemos proxectar sobre as bandeiras outra mirada, pois non deixan de ser formas, cores e debuxos sobre teas, pensadas para lanzar mensaxes ao vento.

Unha mirada poética -prosegue- pode servinos para pensar as posibilidades das bandeiras como soportes pictóricos, mediante os que tamén podemos lanzar ao vento mensaxes máis persoais. Esta será a idea de fondo do obradoiro impartido pola artista, con ampla experiencia en arte no espazo público que ten traballado en diversas ocasións coa forma da bandeira. Nunha primeira parte do obradoiro, as participantes realizarán un bosquexo en papel da súa idea de bandeira, para logo compoñer as bandeiras utilizando tecidos reciclados.

SOBRE A ARTISTA

Doa Ocampo estudou Artes Plásticas nas universidades de Vigo, Lisboa e Guadalajara (México), ademais de ter formación como fotógrafa na ESAD Pablo Picasso da Coruña. Na súa traxectoria son frecuentes as intervencións de arte pública, para as que participou en numerosas residencias. Amosou este tipo de traballo en cidades como Santiago de Compostela, Vigo, Madrid, Barcelona, Valencia, Cáceres, Castellón, Zaragoza, Salamanca, Covilhá (Portugal), Padova (Italia), Ferizaj (Kosovo), Lyon (Francia), Roubaix (Francia) ou Jalisco (Mexico), entre outras. Foi galardoada coas Axudas Injuve 2014 e o Premio do III Certame de murais Muros que unen (Fondo Galego de Cooperación).

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas