Home A Coruña Inscricións abertas na segunda ruta do programa Andainas Saudables Paso a Paso...

Inscricións abertas na segunda ruta do programa Andainas Saudables Paso a Paso por Neda

- Anuncio -

O Concello programa o itinerario guiado, neste caso ao Monte de Ancos, para o domingo 12 de febreiro ás 10:00 horas

Trala boa acollida da primeira ruta, na que tomaron parte un centenar de veciños e veciñas, o Concello abre hoxe o prazo de inscrición para tomar parte no segundo itinerario guiado do programa “Andainas Saudables.

Paso a Paso por Neda”. Neste caso, ao Monte de Ancos. Celebrarase o domingo 12de febreiro, con saída de Albarón ás 10:00 horas. O percorrido, circular de 6,83 kms e dificultade media-baixa, está pensado para nenos e nenas a partir de 10 anos e persoas adultas. Estará novamente guiado por integrantes da Sociedade Cultural e Deportiva do Roxal, que colaboran desinteresadamente na iniciativa, e volverá tamén contar coa implicación da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, que velarán pola seguridade dos participantes ao longo do itinerario.

A participación é gratuíta, con inscrición previa no teléfono da Biblioteca municipal: 981 39 02 33 de luns a venres de 9 a 13 e de 16 a 20 h, e o prazo conclúe o mércores 8 de febreiro.

Este calendario de rutas, con periodicidade mensual, inclúese no programa #NedActívate, co que o Concello busca fomentar hábitos saudables a través do exercicio físico, desfrutando das extraordinarias paisaxes do municipio.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas