HomeA CoruñaJosé Luís Veiras Manteiga, fillo adoptivo do Concello de Lousame, inaugura mañá...

José Luís Veiras Manteiga, fillo adoptivo do Concello de Lousame, inaugura mañá sábado a mostra “Obra recente: Contrastes + vieiros”

- Anuncio -spot_img

Poderá visitarse na sala de exposicións da Casa da Cultura ata o 28 de febreiro

A sala de exposicións municipal da Casa da Cultura de Lousame acollerá, do 20 de decembro ao 28 de febreiro, a mostra “Obra recente: Contrastes + vieiros” do artista José Luís Veiras Manteiga, residente na parroquia de Camboño e nomeado fillo adoptivo do Concello de Lousame o pasado mes de agosto.

Unha exposición que será inaugurada mañá sábado 20 de decembro, ás 11:00 horas, polo propio artista, quen estará acompañado polo alcalde lousamiá, Esteban Ares García, e polo director do Museo de Artes do Gravado de Ribeira, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Unha mostra composta por un total de 34 cadros, algúns dos cales xa formaron parte doutras exposicións nos anos 2023 e 2024 mentres que o resto conforman unha nova serie caracterizada pola cor e que non foron presentadas con anterioridade.

Publicacións Relacionadas