Juan Galán conxuga condición humana e crónica social e política na novela que presenta na Pobra

adminON
Lectura mínima de 1

Unha semana máis, o Auditorio do Museo Valle-Inclán converterase en epicentro literario coa presentación do libro Las tribulaciones de Bruno Lamas, de Juan Galán. Será no venres 26, ás 20.30 horas.

O autor estará acompañado pola concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo.

Esta novela está protagonizada por un xornalista dun importante diario da Coruña a finais de 1970, quen, por azar, acabará sendo confidente da Brigada Político Social: a policía política do réxime franquista. Unha especie de antihéroe que se verá vapuleado polo destino e decisións desacertadas que o levarán a un tráxico e inesperado final.

A entrada é libre ata completa-la cabida.

Comparte este artigo