Home A Coruña Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as nenas e nenos achegan propostas fundamentais en aspectos sociais”

- Anuncio -

A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica

O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, acompañou esta tarde as nenas e nenos do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC) na súa visita ás instalacións da Cociña Económica, unha iniciativa enmarcada no plan anual de actividades deste programa municipal que implica a rapazada coruñesa na achega de propostas e suxerencias con respecto á cidade na que viven.

Medio cento de rapazas e rapaces integran o CLIAC, impulsado polo Goberno de Inés Rey para que as novas xeracións de coruñesas e coruñeses coñezan polo miúdo a súa cidade, os seus recursos e, por suposto, tamén as súas necesidades. Este último contexto foi o que propiciou a visita deste xoves á Cociña Económica.
“Pola súa curiosidade e tamén a súa empatía, as nenas e nenos son fundamentais para formular propostas de mellora para A Coruña, especialmente en aspectos sociais. E nesta época do ano, na que impera o consumo, as festas e os vencellos familiares, achegarnos á Cociña Económica axuda a ter perspectiva de que non todas as persoas que nos arrodean teñen as mesmas oportunidades que as demais. E tamén contribúe a interiorizar a importancia de escoitar e coidar. Non só en datas sinaladas como o Nadal, senón no día a día”, apuntou Borrego.

Na visita desta tarde, guiada por técnicos da Cociña Económica, as e os escolares coñeceron polo miúdo o traballo que alí se desenvolve todos os días do ano, “un aspecto clave para que as nenas e nenos poidan achegar ideas ou sumar propostas a formular nos vindeiros meses, antes da celebración do pleno infantil do CLIAC”, agregou Borrego.

A Cociña Económica da Coruña é unha asociación benéfica que ten como obxectivo proporcionar comida todos os días do ano a persoas en situación de vulnerabilidade socioeconómica ou sen recursos. Tamén se lles dá acceso a servizos asistenciais e asociados á hixiene persoal. Fundada no ano 1886, é o comedor social en activo e en funcionamento ininterrompido máis antigo de España.

Relacionadas

Seis grandes intérpretes locais, xuntos para un concerto único na igrexa parroquial de San...

0
Este domingo 29 de decembro a partir das 12:00h na igrexa de Santa María a Maior do Rosario San Sadurniño é terra de artistas. Levámolo...

Os novos carrís bici en Novo Mesoiro e o istmo da Pescaría incrementan a...

0
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, lembrou que a aposta do Goberno de Inés Rey por iniciativas como BiciCoruña permitiu, só neste...

Inmenso agradecemento do Concello ás persoas que se mobilizaron na procura do veciño desaparecido

0
Sobre as 9:30 horas desta mañá foi atopado con vida o veciño de Dorneda desaparecido desde o pasado xoves. Minutos máis tarde foi trasladado...

Accidente de tráfico cunha persoa falecida en Carnota

0
Os bombeiros do parque provincial de Cee foron alertados durante esta tarde dun accidente de tráfico ocurrido no Km. 28 da AC-550 en Lira,...

A Feira Doce encherá de novo a carpa da Praza do Concello con actividades...

0
12+1 postos de repostaría e artesanía, 15 obradoiros e unha ampla oferta musical dinamizarán a última fin de semana do 2024 Carballo estrea esta fin...

Entrega das cestas dos concursos de embelecemento do Nadal de Ribeira

0
Hoxe déronse cita no Centro Cultural Lustres Rivas os concursantes gañadores das diferentes modalidades do Concurso de Embelecemento do Nadal, para a entrega das...

Publicacións Relacionadas