HomeA CoruñaKing África poñerá música a un Entroido cheo de actividades pensadas para...

King África poñerá música a un Entroido cheo de actividades pensadas para nenos e maiores de Ribeira

- Anuncio -spot_img

• “O obxectivo é tratar de facer unha festa animada e divertida para que todos os veciños de Ribeira, con independencia da idade que teñan, desfruten duns días de gran animación”, afirmou María Sampedro

• A alcaldesa aproveitou a presentación do cartel do Entroido para animar veciños, comerciantes e hostaleiros a encher de vida e de festa as rúas

• Durante seis días, as rúas do municipio impregnaranse do ambiente carnavalesco ao que contribuirán as típicas charangas, o tren para nenos que percorrerá as rúas Ribeira, a choqueirada infantil, os sempre presentes concursos de disfraces e o festival de charangas e comparsas

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, presentou esta mañá, acompañada do concelleiro responsable da área de Festexos, Fernando Abraldes, o programa lúdico e cultural que o Concello levará a cabo con motivo da celebración do Entroido deste ano. Cheo de actividades pensadas para nenos e maiores de todas as parroquias de Ribeira, Sampedro confirmou que King África –o luns 16 de febreiro-, xunto cos Djs Manu GZ e Enter, será unha das actuacións máis destacas dun cartel de festas que arrincan o venres 13 e terminarán o mércores 18.
“O obxectivo é tratar de facer unha festa animada e divertida para que todos os veciños de Ribeira, con independencia da idade que teñan, poidan desfrutar dunhas datas que desprenden alegría e celebración”, explicou a rexedora, que aproveitou para animar a toda a xente da comarca a coñecer o entroido do seu concello. Sampedro explicou que durante seis días, as rúas do municipio impregnaranse do ambiente carnavalesco ao que contribuirán, dixo, as típicas charangas –‘Os Celtas da Baña’ e ‘Fanfarria Farruxa’- o tren infantil que o sábado percorrerá as rúas Ribeira, a celebración da choqueirada infantil, os sempre presentes concursos de disfraces, o festival de charangas e comparsas, así como o espectáculo de música familiar ‘Son Animal’ de Paco Nogueiras. Recuperar o luns de Entroido
“Queremos recuperar ese espírito de luns de entroido que se perdeu nos últimos anos e que gustaba tanto en Ribeira”, dixo Sampedro, quen convido a hostaleiros e comerciantes a participar nunha festa que “encherá de xente e de vida as rúas do municipio”.

Este ano, ademais, e coincidindo co día dos namorados, o Entroido de Ribeira reservará un lugar –sabádo 14- para unha celebración
especial na carpa do Malecón co sorteo dunha noite nunha casa rural.

O punto e final ás festas chegará da man do clásico Enterro do Felipe coa queima na Praza de Pontevedra e a continuación a degustación de doces de Entroido na carpa.

Concursos
María Sampedro tamén puxo en valor os “8.500 euros e premios por participar neste entroido, porque implicarse e facer pobo tamén te recompensa” e que se reparten entre os 6.000 euros do festival de murgas e comparsas e os 2.500 euros polo concurso de disfraces.

A participación no concurso de disfraces estará vixente durante todo o entroido en horario libre, asistindo aos locais hostaleiros que estean adheridos -o prazo de inscrición rematará mañá- e contará coas categorías de individual, parella ou trío e grupo, así como premio individual ou grupal na categoría de disfrace no Felipe.

Publicacións Relacionadas